Mapa por concello e tipo

Escolles Concello, Comarca ou Provincia

Porta da catedral de Lugo desde a rúa do Bispo Basulto

A porta norte da catedral de Santa María de Lugo, conxunto escultórico románico de século XII,  é obra do mestre Raimundo de Monforte e está amparada por un pórtico renacentista do século XVI, que mandou levantar o bispo Pedro Ribeira.

O tímpano da porta norte da catedral de Santa María de Lugo está ocupado por un Pantocrátor, que aparece dentro dunha mandorla. O pinxante colga do Pantocrátor. Serve para dividir en dúas metades a porta de acceso á catedral. Está adornado cunha escultura que reproduce a Última Cea con san Xoán xunto a Xesús de Nazaret. Uns elementos rechamantes da porta norte da catedral de Santa María de Lugo son os ferraxes, que unen os listóns de madeira.

Nesta imaxe obsérvase unha marca diagonal cerca da saeteira superior que indica onde se apoiaba o tellado dun arco que comunicaba o pazo episcopal coa catedral, e que foi retirado a principios do século XX. Tamén se pode observar unha pequena porta de acceso á catedral que agora está tapiada.

Concello, Comarca ou Provincia

Castelo da Frouxeira

Tamén chamado castelo da Frouseira, está situado no municipio de Foz. Atópase sobre unha protuberancia rochosa cun amplo dominio visual da ría de Foz, foi destruído polos Reis Católicos tras a morte do Mariscal Pardo de Cela. Na actualidade, consérvase a base dos muros que formaban a torre da homenaxe e un foso circular. Dende a cima, pódese gozar dunha marabillosa vista de todo o litoral occidental lucense, así como a sorprendente estampa do Val do Ouro.
Esta fortaleza sufriu graves danos durante a Revolta Irmandiña e foi reconstruída. Con todo o asedio pola parte das tropas reais do Gobernador Fernando de Acuña, supuxo a súa destrución definitiva.

Para saber mais:

Castelo da Frouxeira

wikipedia patrimoniogalego.net turismogalicia
  ceocima5.jpg frouseiracima1.jpg frouseiracima2.jpg frouseiracima3.jpg frouseiracima4.jpg frouseiracima5..jpg frouseirainferior1.jpg frouseirainferior2.jpg frouseiramedia1.jpg frouseiramedia2.jpg frouseiramedia4.jpg frouseiramedia5.jpg IMG-20170930-WA0007.jpg vistadoval.jpg vistariafoz.jpg

Concello, Comarca ou Provincia