A Colexiata de Santa María de Sar é un antigo convento de cóengos regulares de Santo Agustín. Foi fundado por Diego Xelmírez en 1136 como concesión aos cóengos que se retirasen baixo a regra de San Agustín conservando os seus privilexios na catedral. No ano 1548 secularizouse e converteuse en colexiata. Hoxe é unha parroquia dependente da Diocese de Santiago. Da época medieval consérvase a igrexa e o lateral norte do claustro. A igrexa é un importante exemplo de arquitectura románica compostelá, de planta basilical con tres naves, sendo a central máis ancha cas laterais.
Museo da Colexiata do Sar (Museos de Galicia)
Museo de Arte Sacra de Santa María a Real de Sar
Colección de pezas arquitectónicas extraídas do antigo claustro, do século XIII, hoxe desaparecido na súa maior parte, e diversas esculturas relixiosas. Tamén mostra obxectos e ornamentos litúrxicos que amosan a vida desta comunidade ó longo dos séculos XVII ó XIX (como cruces procesionais ou cálices) e, noutra sala, unha ampla colección de traxes tradicionais galegos.
Colexiata de Santa María do Sar (Galipedia)
Colexiata de Santa María a Real de Sar
Galería de imaxes da colexiata do Sar
Museo