Mansio Aquis Originis. Restos Casa Romana
Nas proximidades do balneario de Lobios pódese acceder a unha pista que transcorre sobre a plataforma da antiga Vía XVIII, a Vía Nova, construída polos romanos baixo a dinastía flavia no século I. Enlazaba Bracara Augusta (Braga -Portugal), con Asturica Augusta (Astorga). Cada 20 ou 25 millas, distancia que se podía percorrer nunha xornada, os romanos construían as “mansio”, lugares de descanso e cambio de caballerías. Aquis Originis é a primeira destas pousadas en terras galegas, a segunda desde Braga, e Aquis Querquernis a segunda. Neste xacemento diferéncianse dous ambientes, un termal e outro habitacional. A parte correspondente ás cortes dos cabalos está por excavar.
Mansio Aquis Originis. Restos Casa Romana 32895 Lobios, Ourense
Agradecemento a Xeila Álvarez, guía do balneario de Lobios, pola autorización para publicar o seguinte vídeo.