Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro

Castro de Loios

Castro de Loios

O Noso Patrimonio, castros de Miño

Castro de Loios (Miño): Na Punta de Satareixas. No ano 2011, a Xunta de Galicia obrigou á promotora da urbanización proxectada no monte Piñeiro, na parte máis ancha da pequena península do Castro de Loios, a realizar un control arqueolóxico. No ámbito de protección do xacemento xa foran localizados hai anos restos do período galaico-romano, como ladrillos e tégulas. Practicamente destruído.

Nas fotos,xa que logo, podedes repensar o seu sistema defensivo, Porque o fixeron alí, que vistas e control do mar tiñan, e que tataranetos máis capaces de destrozar todo teñen. Construíron por riba un cemiterio. Os laios dos celtas do castro ainda son loios en celta.

Concello, Comarca ou Provincia

Monte do Castro

Monte do Castro ou Castro de Lameán de  Arriba, Leiro (Ribadumia)

Galipedia

Do Século -V ao século I Miradoiro sobre o val final do Río Umia. Acrópolis de forma elíptica con eixes de 126x98 metros. Nos tres sectores de excavación de 2011 atoparonse resultados diferentes. Entre eles, un forno de fundición, casas circulares, e unha zona de almacenaxe.

Concello, Comarca ou Provincia

Alto da Cruz do Castro

Castro da Alto da Cruz do Castro ou Castro de Carballedo (Cerdedo-Cotobade)

No Castro da Cruz atopouse un pendente de ouro(no Museo de Pontevedra), e preto do poboado atopáronse restos dunha vila romana[3]. Na parte norte ten un parapeto de 2m de altura e restos da muralla. Cunha cruz na cima, e un muíño de vento contemporáneo. Miradoiro natural onde se ve o val medio baixo do Lérez.

 

Concello, Comarca ou Provincia