Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

27730 Abadín (Lugo)

Igrexa de Santa María de Abadín

Abadín, Abadín

Descrición na web do concello (https://www.abadin.es/)
Situada nun altozano dominando unha extensa zona de labradío, coa paisaxe montañosa de fondo. É de estilo románico da primeira metade do s. XII, con capela maior do s. XVI de estilo gótico isabelino, e sacristía adosada detrás, de época posterior. Aparece coronada por dous escudos nos laterais da fachada, en que se distinguen as estrelas e a media lúa da casa dos Luaces, que estivo vencellada a esta parroquia desde o ano 1574. No interior, retablo maior de estilo renacentista popular e retablos laterais de traza popular e máis moderna. Bonito cruceiro no adro.

No mapa

Igrexa Parroquial de Santa María de Abadín

Igrexa Parroquial de Santa María de Abadín

Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía