Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

27577 Antas de Ulla (Lugo)

Santa Mariña do Castro de Amarante, Antas de Ulla

Galería de imaxes

A igrexa de orixe románica, data do século XII, e está asentada sobre o centro dun primitivo castro. O conxunto complétase cun cruceiro e un Vía Crucis, composto por 14 cruceiros, que se distribúen sobre unha das murallas do castro. No século XVI engadiuse a carón do presbiterio a capela-mausoleo dos condes de Torre Penela, cuxos brasóns figuran na fachada de acceso exterior á mesma.

O arco triunfal con dobre arquivolta de medio punto descansa sobre capiteis da construción orixinal que teñen unha esmerada decoración. Atribúese a obra ao Mestre Esteban, autor da fachada de Platerías da catedral de Santiago de Compostela. Nun dos capiteis destaca a figura dun músico ao que semellan estar escoitando as outras figuras e cabezas esculpidas nese e no outro capitel.

Desde o exterior, pero tamén desde o baptisterio, accédese á Capela-mausoleo dos condes. Posúe 3 arcosolios, en dous deles figuran as estatuas oferentes de Inés de Lemos Rivadeneira e Juan Vázquez Taboada, cos seus respectivos escudos, o dos Lemos cos 13 roeis e o dos Taboada coas táboas e os caldeiros. O terceiro arcosolio destinouse aos sucesivos propietarios do pazo.

O interior xeral da igrexa

No mapa

Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Amarante

Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Amarante

Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía