Mapa por concello e tipo

Escolles Concello, Comarca ou Provincia

Millares

En Millares atopámonos con outro exemplo de explotación mineira pero, neste caso, trátase dunha explotación aurífera realizada polos romanos. Aquí temos un exemplo de explotación sobre xacemento primario, xa que o ouro extraíase directamente do filón e non, como sucedía nas explotacións sobre xacementos secundarios, orixinados por erosión a partir dos primarios, que se realiza mediante lavado. Este tipo de xacementos presentan filóns de seixo aurífero incrustados na rocha de xisto cristalino, ou ouro asociado a minerais de sulfuros metálicos, polo que debían realizar tarefas de extracción da rocha, de triturado e de torrado para obter o metal. No Courel hai abundantes exemplos de minería a ceo aberto e minería subterránea por pozos e galerías. As minas da Toca, Torubio, Monte Barreiro e Millares son un bo exemplo de explotación dos filóns auríferos de seixo e arenisca que deixaron no relevo a súa pegada perfectamente visible desde o xeomirador de Mostaz.

Concello, Comarca ou Provincia

Estación de Curtis

A Estación de Curtis ten un papel fundamental na vida de Curtis nos últimos cen anos. Coñecida por todos os viaxeiros cara a Coruña. De tal modo que o Ilga propuxo denominar Estación ao Concello de Curtis. O que provocou unha rebelión popular quer restaurou o nome celta.

Concello, Comarca ou Provincia

ZEC Xubia Castro en San Sadurniño. Paseo fluvial polo Río Xubia

ZEC Xubia-Castro
A Zona de Especial Conservación (antes chamada LIC) Xubia-Castro é un espazo natural incluído desde o ano 2011 na Rede Natura 2000. Ten unha superficie total de 2.074 hectáreas que tocan os concellos de Narón, Neda, Moeche, As Somozas, A Capela e As Pontes, aínda que máis da metade da superficie (1.214 Ha.) son parte de San Sadurniño e supoñen o 12,16% do territorio municipal. A importancia deste LIC vén determinada polos doce tipos de hábitats descritos na zona, nos que entran bosques atlánticos, brañas, turbeiras, uceiras, lagos eutróficos e estanques temporais mediterráneos. A fauna de mamíferos aínda é a gran descoñecida deste espazo natural, malia que cabe sinalar a presenza regular de lontra (Lutra lutra), diversos quirópteros (como os morcegos de ferradura Rhinolophus ferrum-equinum e Rhinolophus hipposideros) e lebre ibérica (Lepus granatensis), e a abundancia de corzo (Capreolus capreolus), e xabaril (Sus scrofa). Ademais, no Forgoselo mantense unha importante cabana de cabalos e vacas que viven en semi-liberdade. Este tipo de gando atrae de forma periódica a lobos.

Tamén é posible atopar diversas aves. Entre as aves rapaces diúrnas están citadas o miñato abelleiro (Pernis apivorus), o azor (Accipiter gentilis), o gabián (Accipiter nisus), a gatafornela (Circus cyaneus), a tartaraña cincenta (Circus pygargus), o lagarteiro (Falco tinnunculus), o falcón pequeno (Falco subbuteo), e o falcón peregrino (Falco peregrinus). O merlo rieiro (Cinclus cinclus), a lavandeira real (Motacilla cinerea), e o picapeixe (Alcedo atthis), constitúen a avifauna máis característica dos leitos fluviais. As áreas de matogueira atlántica e campiña albergan unha gran variedade de aves terrestres, entre as que cabe sinalar a avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus), a cotovía pequena (Lullula arborea), a pica das árbores (Anthus trivialis), a papuxa do mato (Sylvia undata), o picanzo vermello (Lanius collurio), e o escribente amarelo (Emberiza citrinella), como reprodutores, mentres que nos bosques e arboredos riparios están presentes os ferreiriños ou páridos (Parus spp.), e estreliñas listadas (Regulus ignicapillus), o cardeal (Pyrrhula pyrrhula), e o ouriolo (Oriolus oriolus), entre outras moitas especies.

Da páxina do Concello

Concello, Comarca ou Provincia