Mina

Miradoiro de Mostaz

De este outro lado temos calcáreas. polo tanto tivemos unha clara correlación entre o tipo de rocha e a vexetación que desenvolve.

Neste lugar hai un hundimento, un oco, que é onde imos ir agora. É un afundimento de unha sima; as simas, loxicamente, en terreos calcáreos. Polo tanto está confirmado, ese contacto que se intue pola vexetación, é a sua vez un contacto entre duas litoloxías claramente moi diferenciadas.

Aquí hai unha senda, que nos leva a zona do Val onde hai un antigo acueducto romano. aqui encontraron os romanos ouro.
Por aqui estaría Romeor. Xusto na cabeceira. E noutro lado Mllares.

Agora imos ver se o mapa xeolóxico nos da a razón ou non. Imos ver a panorámica, cal como a estamos vendo nos, mirando cara o sur. Vedes a falla esta, pois esta falla é xusto o contacto. O que vedes así en cor carne, serían as lousas e as cuarcitas, e o verde este con bandas brancas serian lousas con intercalacións calcareas, que é o material que temos de ese outro lado. enton a súa vez ese contacto e un contacto mecánico, por unha falla, non é un contacto progresivo. As rochas de aquí son do precambrico (teñen máis de 560 millons de anos)  e estos teñen en torno aos 500 millons de nos. Hai un salto no tempo. Non é progresivo.
Os contactos que temos aqui entre cores son progresivos; o tempo xeolóxico vai pasando e as formacións xeolóxicas cambian; pero aquí non, aquí é unha estructura xeolóxica, unha falla, que nos pon en contacto dous materiais de duas idades diferentes e a súa vez dous materiales que na paisaxe se ven diferentes polo cambio da vexetación.

Temos que pensar que a falla vai entre dimensións , vai facendo a forma do relevo, non está cortado por unha linea perfecta, senón que adivíñase como se fose unha V, porque o val ten forma de V. Esta é a falla, un plano, se despois se forma un val, loxicamente, o val, vai ser a forma na que se integra. é como se a ti che fan un corte e queda ca forma do teu corpo.

Gran parte do acueducto está subterraneo.

Nótase o cambio do verde, vese un verde máis oscuro e un verde máis claro.

Esta formación son niveis calcáreos, con lousas polo medio, entón os terreos en Galicia, como teñen moita sílice, son terreos un pouco ácidos de máis para a vexetación. Entón hai unha mestura de carbonato que lle da una maior neutralidade ao terreo.

Estamos.... Millares.... aquí, neste punto, dentro de esta unidade de verde que son o que chamamos Lousas de Cándana. As rochas que forman parte da zona alta de este colapso son lousas, lousas de esa formación.

Hai uns niveis brancos en esta zona verde, que serían os niveis de calcárea. Esto con respecto á súa localización.

Temos a superficie do terreo, imaxinemos, aquí temos a falla que stá do outro lado, e aquí temos esas lousas e cuarcitas. E despois teriamos unha formación aquí (vou pintar en verde) donde teriamos esas cuarcitas e lou- sas, pero a maiores (que vou pintalo en azul) teriamos as calcáreas en forma de lentellons, e decir as calcareas se poden acuñar así.  E o resto serían cuarcitas e lousas.

Nos niveis calcáreos é donde se vai producir un fenómeno que se coñece co nome de ?¿Cas?¿, que é a disolución das rochas calcáreas.
porque se produce?¿ a auga de por si, da zoa, non e capaz de disolver as rochas calcáreas, as molla como cal- quer outra. pero cando a auga das nubes chega a superficie, no camiño se atopa coa atmósfera, e na atmosfe- ra, a parte de osixéno e nitroxeno temos CO2. E o CO2 en contacto coa auga se convirte en ácido carbónico, e o ácido carbónico si que é capaz de disolver a rocha calcárea. E o resultado é unha paisaxe característica, que alguns elementos, a maiores, veremos en outras paradas.
Un deles é a dolina, que daría lugar a unha sima, que sería este caso. a que se debe? neste caso a unha disolución dos materiais en profundidade. no caso noso, a auga se infiltra no terreo e nas cuarcitas e lousas non pasa nada, pero nas rochas calcareas si, entón a auga empeza a actuar en eses niveis e chega a actuar en esas zonas. Nós non estamos vendo calcáreas, estamos vendo cuarcitas e lousas, aquí, esta auga que se infiltra vai empezando (porque esto é impermeable, a auga so vai moverse por aquí, é unha canle) a crearse un rio
subterraneo, un oco, unha galeria, que en un momento dado, esa galería pode ter un gran tamaño. se pouco a pouco esto, de algunha maneira, o poder errosivo vai actuando, e a disolución tamén esto comeza a colapsar parte do teito e enton a nosa cabidade se vai ir facendo cada vez maior e nun momento dado está tan próxi- mo a superficie que o terreo colapsa e entón é donde non vemos as calcáreas pero están ahi abaixo.
A maiores, vemos que entre as placas de lousa e a superficie hai como unha capa que parece solo, non é solo, ten anacos de rocha, a maior parte deles orientados a favor da pendente. en verde estamos vendo unha serie de materiais na parte de arriba, eso que son? son colubións, depositos de ladeira, son depositos por efecto da gravidade e neles e donde a vexetación empeza a enraizar e empeza a crear un solo, e eso loxicamente e un material moi inestable.
os inxeneiros cando fixeron a autovia a8 no Fiouco, se atoparon con ese problema, os colubións. O colubión, parece que non se move e non fai nada, pero coa auga, como ten arxila tende a movilizarse pendende abaixo.  De feito nas árbores, nas que son dun crecemento lento, vemos que os seus troncos tenden a realizar una rectación, porque como o solo colubión ten mobilidade, no tempo biolóxico do crecemento de esa árbore vai quedando rexistrado.  A árbore que tende, á verticalidade, enton vai reaxustando ese movemento do solo donde está asentado, enton para contrarrestar, se debe esa curvatura. E unha evidencia de que todo esto se está movendo sobre todo en inverno, porque o terreo ao ter arxila e máis plastico e se moviliza por efecto da gravidade.

Na a8, os estudios xeolóxicos, que normalmente se van a medias, fixeron unha sondaxe e empezaron a ver canto colubión había, fixeron a cimentación. Se ti fas unha cimentación sobre un colubión, que non chegues ao firme, loxicamente aquelo se vai seguir movendo. enton tiveronse que facer moitas modificacións e mjuros de contención, que produciron o sobrecuste. por non facer un estudio en condicións para estimar a potencia real de ese colubión. O colubión e un deposito recente un deposito de ladeira por gravidade donde tes fragmentos de rochas; que todos eles están flotando nunha arxila.

Case todas as ladeiras das montañas están formadas de colubións, sobre todo con esta pendiente que temos aquí.
No tramo do AVE Madrid-Barcelona, en Calatayud, tamén tiveron afundimentos pero porque eran xesos. o xeso e un mineral que de algunha maneira tamén sufre unha disolución. eles utilizan o xeoradar, que debilita poquedades que haxa no subsolo antes de facer unha obra. Así podeds estimar donde facer os trazados .

No AVE en Pajares, eses túneles drenan máis auga que os propios rios que hai na cunca da vertente de Asturias. Hai tal presión que xenera a auga na rocha que e o que se chaman as gobelas, que son as bóvedas esas de formigón se fracturaban coa presión que estaban sometidas coa auga. Asturias, como Galicia, é unha zona moi fracturada, entón a parte dos problemas coa auga, tiveron moitos problemas nas perforacións.
unha tuneladora, funciona mellor en pedra dura que en branda. cando se encontra cunha zona de fractura a maquina queda atascada, hai que sacala, traballar de forma manual, volver a colocar a tuneladora e seguir avanzando.

Tiveron tamén un problema no tunel de Burata, antes de entrar na cidade de Ourense, se encontraron xabre que e un granito areizado e ali xa tiveron que abortar o tema da tuneladora e demorouse un ano, case dous.
 

Concello, Comarca ou Provincia