Xeografía

Monte do Cadramón ou Alto do Cadramón

 

Galipedia

O Cadramón é o monte máis alto da serra do Xistral, e tamén da zona norte de Galicia. Ten 1056 m e está situado no municipio do Valadouro. Desde a súa cima pódese desfrutar das vistas de toda a Mariña e mesmo, en días claros, pódese ver a costa.

A serra do Xistral pertence á rede Natura 2000 e está declarada Espazo Natural Protexido e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC). Forma parte do macizo que separa a Terra Chá do Mar Cantábrico. É lugar de nacemento de varios ríos, entre os que están o Eume Landro, Masma, Sor e Ouro.

As zonas máis altas, envoltas en néboa e con frecuencia en neve, están cubertas de turbeiras e, agora, tamén de eólicos.

 

O Cadramón nevado

Concello, Comarca ou Provincia

A Cova da Serpe

Serra da Cova da Serpe

O monte da Cova da Serpe, cumio máis alto da citada serra.

Lendas

Estanislao Fernández de la Cigoña recolleu dúas lendas diferentes sobre a cova. Nunha fálase dunha enorme serpe, capaz de tragar gando, dun bocado en Miraz (Friol), a uns 8 quilómetros de distancia, sen que o rabo do réptil saíra do gruta. Os veciños acaban por matar o monstro dándolle de cebo un burro de alcatrán, e prendéndolle lume. Na segunda lenda a filla do señor de Miraz escapa cun mozo aldeán, do que está namorada, acabando os amantes por refuxiarse na cova, onde o mozo será quen de matar á serpe. Porén, nas lendas recollidas por Carré, o señor de Miraz é substituído polo señor da torre de Narla.

Domingo Fontán, durante a elaboración da súa Carta xeométrica de Galiza, estivo até tres veces na Cova da Serpe: en 1822, 1828 e 1830. A última vez, grazas ao acompañamento de bo tempo, puido ver polos seus aparellos a Torre de Hércules, situada a uns 70 quilómetros.[1]

Concello, Comarca ou Provincia