Ponte da Barxa
Ponte de Barxa de Lor ou da Labrada
Ponte medieval de Barxa: situada na ruta sur do Camiño de Santiago. Unha ponte anterior no mesmo lugar era romana e por ela pasaba unha vía romana. A tradición di que por ela pasou un rei a cabalo. Consta de tres vanos de formas e dimensións diferentes. O arco maior está no extremo meridional, é de medio punto, lixeiramente apuntado e ten unha luz moi grande, de máis de vinte metros que non é doado encontrar nas pontes antigas do noroeste.