Romano
Interior de Santa Eulalia de Bóveda Romana
Se prefires ver a Igrexa e o exterior está en Igrexa de Santalla de Bóveda
Cidade romana de Brandomil
Vila romana de Centroña
Mansio Aquis Originis. Restos Casa Romana
Nas proximidades do balneario de Lobios pódese acceder a unha pista que transcorre sobre a plataforma da antiga Vía XVIII, a Vía Nova, construída polos romanos baixo a dinastía flavia no século I. Enlazaba Bracara Augusta (Braga -Portugal), con Asturica Augusta (Astorga). Cada 20 ou 25 millas, distancia que se podía percorrer nunha xornada, os romanos construían as “mansio”, lugares de descanso e cambio de caballerías. Aquis Originis é a primeira destas pousadas en terras galegas, a segunda desde Braga, e Aquis Querquernis a segunda. Neste xacemento diferéncianse dous ambientes, un termal e outro habitacional. A parte correspondente ás cortes dos cabalos está por excavar.
Mansio Aquis Originis. Restos Casa Romana 32895 Lobios, Ourense
Agradecemento a Xeila Álvarez, guía do balneario de Lobios, pola autorización para publicar o seguinte vídeo.
Termas do Baño. Caldas romanas de Bande en San Xoán de Baños
No lugar do Baño (Bande) son coñecidos os seus mananciais de augas mineiro-mediciñais que, segundo sinalan no panel que se atopa na zona, ten mineralización débil e cun lixeiro olor sulfuroso e que xermola entre 36-48 ºC. Estas augas, de composición alcalina-silicatada-sulfídrica, están indicadas para o tratamento de doenzas reumáticas, dermatolóxicas, do aparato hepato-dixestivo e das vías respiratorias. Aínda que o seu uso pénsase que foi continuo ao longo dos anos, ata o século XIX non se construíu unha “Casa de Baño”, pero esta non tivo un longo percorrido xa que en 1948, pola construción do encoro das Conchas, quedou sepultada polas augas.
Existe constancia na historia da zona do aproveitamento destas augas termais dende época romana na que se proxectou a construción dunha das vías de comunicación polo interior do territorio galaico, coa finalidade de enlazar as cidades de Asturica Augusta (Astorga) con Bracara Augusta (Braga) coñecida como Vía Nova, e se elixiu este lugar para construír un campamento militar como base operativa, Aquis Querquenis, aproveitando as súas excepcionais condicións ambientais e a surxencia de augas mineiro medicinais ás que os romanos eran grandes afeccionados.
Na actualidade aprovéitanse estas augas durante os períodos nos que o volume da auga do encoro diminúe.
Campamento Romano de Ciadella
O campamento romano da Ciadella
O campamento romano da Ciadella foi un asentamento militar activo entre os séculos II e IV, sito no tramo viario entre Brigantium e Lucus Augusti, entre as actuais parroquia galegas da Ciadella e Vilariño.
15312 Sobrado (A Coruña)
Ponte Lubiáns
Ponte Romana de Lugo
Calzada da Ponte 27004 Lugo