Escultura
Monumento a Paco Martín
O Monumento a Paco Martín está desleixado, abandoado, e pretende ser unha pedra Rosseta para que no futuro se saiba como era o galego...
Imposible de descifrar. No mapa non saben nin que existe.
Pero sabemos que quere dicir e o dicimos:
"Eiquí, onde é o Lugo noso, onde nacín e onde aínda nazo algo cada día, soubémonos sempre viaxeiros ás portas dun vello camiño fadado, dun vieiro antigo que foi, se cadra demasiadas veces, camiño de ida, camiño de marchar lonxe sen a certeza dun retorno desexado.
Por ese sendeiro andei eu a carretar todos estes anos o espello cativo da miña escrita coa pretensión de volverlles algo do que sempre fora de seu a aqueles que eiquí quixeron concederme o don prodixioso da fala nosa."
Grazas, Paco
Os Mártires de Carral
En abril de 1846, tralo levantamento contra o presidente do goberno español Narváez, Miguel Solís, Coronel do Estado Maior da Capitanía Xeneral de Galicia proclamou unha Xunta de Goberno de Galicia en contra do goberno de Isabel II. O 23 de abril Solís foi capturado, sendo previsto que fosen xulgados na Coruña. Porén, el e os seus homes foron fusilados tras un falso xuízo en Carral o día 26.
A Liga Galega da Coruña toma a iniciativa de levantar un monumento en memoria dos Mártires de Carral, colocándose a primeira pedra o 23 de abril de 1899, inaugurándose o monumento o 22 de maio de 1904 co lema "Aos mártires da liberdade mortos o 26 de abril de 1846. Liga Gallega na Cruña" e cunha placa cos nomes dos oficiais executados.
Escaleira do Mosteiro de Nosa Sra. da Antiga
Escaleira
A escaleira da entrada destaca pola súa grandiosidade e foi construída entre 1594 e 1603. Posúe tres arcadas sen apoios aparentes que soportan trece, nove e trece chanzos labrados nunha soa peza de granito.
Restauración do Pórtico da Gloria
Galería de imaxes do Pórtico da Gloria
Galería de imaxes de pórticos da catedral de Santiago
Galería de imaxes da catedral de Santiago de Compostela
Restauración do Pórtico da Gloria
Catedral de Santiago de Compostela
Catedral de Santiago de Compostela
Catedral de Santiago de Compostela
Interior da catedral de Santiago
Restauración do Pórtico da Gloria
Catedral de Santiago. Interior