Muíño de marea
O pozo do Cachón
Ponte de Acea da Má
Ramón Cabanillas s/n 15189 Culleredo (A Coruña)
Muíño de Mareas do Pozo de Cachón
15250 Muros (A Coruña)
Muíño de Mareas do Pozo de Cachón
15250 Muros (A Coruña)
Muíño de Marea de Pol
15338 Ortigueira (A Coruña)
O muíño do Mar
Localización, propiedade e antigüidade
O muíño do Mar está situado na Ría de Ortigueira. Esta ría está delimitada pola Punta de Estaca de Bares e polo Cabo Ortegal ao oeste.
No seu tramo exterior é aberta ao mar mentres que na súa cara interior introdúcense unha serie de lóbulos. E, neste sector, onde se forman, zonas lamacentas de moi pouca profundidade ás que chegan as mareas e, que, frecuentemente, están colonizados por vexetación.
Foi construído arredor de 1905-1910 polo señor Linos que, ao volver de Cuba, onde residía, ergue o muíño.
A obra realizouse por canteiros da Pontevedra. A pedra foi traída dende un lugar próximo á Serra da Capelada, chamado A Pedra e transportada por mar.
Os elementos mecánicos montounos un carpinteiro de Valdoviño, que recibía o nome de Grandal. A propiedade sempre correspondeu á familia Linos.
Segundo informantes foi deixando de traballar paulatinamente desde os anos 40, ao ser construída a vía de ferrocarril e dificultar a entrada e saída da auga traendo como consecuencia a produción de moita lama, feito que dificultaba o traballo do muíño.
Así pois, pouco a pouco, foi deixando de traballar, ata que, aproximadamente nos anos 70, deixou de moer definitivamente.
(texto anónimo)
Muíño de Cornido
Muíño de Acea da Má
Mareas de A Seca
Rehabilitación dos Muiños de Mareas do Pozo de Cachón
Anaya Arquitectos, Muros 1994