Buscas se hai algo en Vilaragunte. Vas a Buscar e escribes Vilaragunte. O resultado sera a Igrexa de Vilaragunte que podes visualizar. Se queres ver en texto que hai nun concello pos en buscar o nome do concello e terás un listado dos lugares.
Estamos ou escollimos mapa por concello ou tipo. Como facer para localizar;
Todas as poesías publicadas. Poñer só en tipoloxía Poesía e facer clic en Aplicao
Todas as poesías publicadas na cidade da Coruña. Poñer en tipoloxía Poesía e en concello A Coruña e facer clic en Aplicao
Todas as poesías publicadas no concello de Mondoñedo. Poñer en tipoloxía Poesía e en concello Mondoñedo e facer clic en Aplicao
O Modernismo en Ferrol. Poñer en Concello Ferrol e en Tipoloxía Modernismo e fai clic en Aplícao. Como haberá máis de dez puntos no mapa de Ferrol tes que ir ao fondo do mapa e escoller entre 1, 2 ou 3 para chegar a ver os vintepico puntos.
Desde cada posición "no mapa" de cada ficha, se pinchamos no marcador, dános a opción de ver ese mesmo punto en google maps, ou "como chegar", daranos o camiño para chegar a ese punto desde a nosa posición actual.
Especialmente mellorados están dous sistemas de aproximación. Un deles, a esquerda, Puntos próximos a un lugar do mapa vas a un mapa a escoller o punto do que queres os puntos próximos ou ben no menú principal Proximidade escolles un enderezo calquera (Faro de Hércules, por exemplo) e dáche todos os puntos interesantes próximos no mapa, dando ademais o nome do punto.
Hai, tamén, unha galería que escolle fotos aleatorias e as presenta novacarta.eu/galeria dá unha colección de 20 fotos aleatorias de cada vez.
No menú Tipoloxías a escoller hai unha clasificación temática do contido. A tipoloxía máis produtiva é a de Arquitectura Actual con 700 exemplos deste tema do Colexio de Arquitectos, pero algunha outra temática ainda non está cuberta, simplemente prevista para os introdutores de datos no seu momento. Pincha nunha entrada e dáche un listado de puntos que teñen esa tipoloxía e que podes consultar.