Galego
English
Castellano
Français
Deutsch
Portugués
Italiano
Creado en 1957, foi instalado no claustro gótico da Catedral de Ourense, do século XIII. Os fondos que custodia pertencen a épocas diversas. Pódense agrupar en: obxectos litúrxicos (cálices, bandexas...); o tesouro de San Rosendo procedente do Mosteiro de Celanova; vestimentas litúrxicas; e finalmente escultura e pintura relixiosa.
Museo de arte sacra inaugurado en 1954 na chamada Claustra Nova, da Catedral de Ourense. Expón numerosos obxectos relixiosos entre os que destacan o Tesouro de San Rosendo, a lauda cristiá máis antiga de Galicia (do século VI, procedente de Baños de Molgas) ou as placas de esmalte do frontal dun relicario (de Limoges). Tamén, o Misal Auriense (o primeiro libro que se imprentou en Galicia, en 1494) e o Breviario Auriense.
Museo Catedralicio de Ourense (Museos de Galicia)
Museo Catedralicio de Ourense (Galipedia)
Praza do Trigo, s/n 32005 Ourense (Ourense)
Concello, Comarca ou Provincia