Campo Compañía 50 Monforte de Lemos (Lugo)
É de estilo renacentista e de traza herreriana, ata tal punto que tamén é coñecido como o Escorial Galego. A súa fachada, de 110 m. de lonxitude, está feita con granito do país de gran calidade e destaca pola súa grandiosidade e equilibrio.
Mandou construílo D. Rodrigo de Castro Osorio (1523-1600), sendo cardeal de Sevilla. Este Cardeal era fillo da III Condesa de Lemos, dona Beatriz de Castro, e de Álvaro de Osorio. Foi Real Seminario de Estudos ata 1773 e xerme da universidade. Estivo a cargo da orde dos xesuítas, ata que en 1767 foron expulsados de España. A mediados do século XVIII pasou á casa de Alba, que o cedeu en 1873 aos Escolapios.
No mapa
Colexio de Nosa Señora Antiga
Colexio de Nosa Señora Antiga
Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía





