Muíño de Batán

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

15622 Cabanas (A Coruña)

Batán, segundo a RAG, é Aparello de madeira, construído xeralmente nun curso de auga, que consta duns mazos que ao se moveren alternativamente pola acción da auga, van batendo os tecidos fabricados nos teares para desengraxalos e que entupan. Oían o forte ruído do batán. SINÓNIMO folón

O lugar chámase o camiño do Batán. Pero os muíños son muíños de auga para o gran. Ton contounos que hai tempo había 38 muíños na corrente do mesmo pequeno río. Activo só queda o seu e é de moer gran, como veremos no vídeo.

Ton (tfno 629061209) segue moendo gran e vendendo a fariña. Moitos van ver como funciona e moitos outros mercan a fariña. Anímate. Soster vivo este muíño é tamen facer país.

Algún dos outros 37 muíños (poñeremos outro deles aquí) era de batán. Hoxe parece que non existe.

 

No mapa

Muíño de Batán

Concello, Comarca ou Provincia