A fonte de Fonsagrada

 

A fonte:

Fonte sacra e milagreira cuxa localización e advocación, con dúas santas rezando labradas nela, percibe a reminiscencia animista do culto á agua e a seres femininos da natureza, nela simbolizados e cristianizados. A súa estrutura actual data do ano 1882

Sacado de http://xurdemoran.blogspot.com.es/2015/08/a-fonsagrada-y-el-camino-yendo-desde-o.html

 

http://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=21&id=410

no que se reflicte a lenda que segue

A Fonte Santa da Fonsagrada

A orixe do topónimo e do comezo do poboamento do lugar da Fonsagrada, hoxe capital do concello do mesmo nome da provincia de Lugo, ten que ver coas virtudes desta fonte: »Antes a Virgen de Fonsagrada taba na Pobra de Burón. Alí taba o juzgado e o ayuntamiento, taba todo; era unha gran puebla. E despois o cura vía aí un bon sitio, aí pa riba, para donde ta A Fonsagrada, e había unha fonte milagrosa alí, que hoi non beben nin as vacas nela, e corre, pero parece que é ruín a auga. E [o cura] levaba a Virgen para alí. E veña, iban por ela para Puebla de Burón pero a Virgen volvía a marchar de noite pró Carballal, prá Fonsagrada. E dixeron: —Bueno, hai que lle facer unha ... . Entonces, a Virgen non quere parar aiquí. E dixo o cura: —Hai que lle facer unha capilla arriba onda a fonte. Que é onde ta. E levárona para alí e por eso ven hoi o nombre de Fonte Sagrada. Foi cuando había o Camín de Santiago por aí. E despois viñan os peregrinos peregrinar aí e foi cuando deu en correr o pueblo para alí. Traían os cuartos para onda a capilla e non os levaban para Puebla, e foi cando subiron todo para riba. Esa é outra leienda».

BIBLIOGRAFÍA

FONTE:
ARQUIVO CHAIRA: Transcrición das versións orais de MANUEL LÓPEZ DÍAZ (60 anos), Candelos, Arroxo, A Fonsagrada (Lugo), decembro de 1999.

Bibliografía:
CARNERO, O., CUBA, X., REIGOSA, A. E SALVADOR, M., «Unha polavila en Candelos. Literatura popular do concello da Fonsagrada», en Boletín do Museo Provincial de Lugo, tomo X, páx. 137-176.

 

http://es.afonsagrada.org/info/camino-primitivo

A ruta máis antiga do Camiño Primitivo baixaba polo Norte cara A Pobra de Burón, capital do municipio ata 1835. Posteriormente, unha desviación por A Fonsagrada tratou de acortar camiño, subindo desde Paradanova hasta A Praza, en A Fonsagrada, desembocando xusto na Fonte Sagrada, cerca do albergue adosado á antiga capilla.

A Fonte Santa

No mapa

A fonte de Fonsagrada

Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía