Museo arqueolóxico

Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

O Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba pasa a ocupar a actual sede no verán de 2002. A súa temática cínguese ó espacio cronolóxico que engloba dende o Paleolítico ata a Época Romana no Noroeste peninsular. Os materiais arqueolóxicos que acolle proveñen, principalmente, de depósitos particulares e das descubertas realizadas no transcurso de escavacións arqueolóxicas promovidas polo museo e por outras entidades e profesionais.

Museo da Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (Museos de Galicia)

Museo da Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (web oficial)

Domingo Goás, nº 2 27800 Vilalba (Lugo)

Concello, Comarca ou Provincia

Museo Arqueolóxico e Histórico

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

O Castelo de San Antón, antiga fortificación construída para a defensa da cidade da Coruña, sitúase fronte o Paseo do Parrote, na coñecida como “Illa da Pena Grande”. Durante o seu período insular (ata os anos 40 do século XX), San Antón comunicouse coa cidade dende a Casa de Botes ou do Boteiro, actualmente habilitada como biblioteca do Museo. 

Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña (Museos de Galicia)

Castelo de Santo Antón (Galipedia)

Castelo de San Antón (Na web do Concello da Coruña)

Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, nº 2 15001 A Coruña (A Coruña)

Concello, Comarca ou Provincia

Centro Arqueolóxico do Barbanza. Castros de Neixón

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano<

 

O Centro Arqueolóxico do Barbanza  (CAB) ten a súa orixe na Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico (RGPA) creada no ano 2001 pola iniciativa do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural que lle atribuía, na primeira configuración da RGPA, a denominación de xacemento visitable cun carácter complementario respecto dos parques arqueolóxicos do mesmo ámbito (a cultura castrexa).

Castros de Punta Neixón (Galipedia)

Centro Arqueolóxico do Barbanza (Museos de Galicia)

Centro Arqueolóxico do Barbanza

Castro de Neixón. Nine, s/n. Cespón
15991 Boiro

Concello, Comarca ou Provincia

Museo Municipal "Quiñones de León"

O museo municipal Quiñones de León 

Galería de imaxes do museo Quiñones de León

O museo municipal Quiñones de León é un conxunto museístico localizado no pazo de Castrelos, na parroquia de Castrelos de Vigo.

Galego

Parque de Castrelos, nº s/n 36213 Vigo (Pontevedra)

Árbores senlleiras: 14A Matusalén de Camelias do Pazo de Castrelos Camellia japonica L  (imaxe 3)

Concello, Comarca ou Provincia

Museo Provincial de Lugo

   Praza da Soidade, s/n
    27003 Lugo
    Tlf. 982242112 Fax 982240240
    info@museolugo.org

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

Praza da Soidade, s/n 27001 Lugo (Lugo)

Galipedia

Museo Provincial de Lugo

Museo Provincial de Lugo | Museos de Galicia

Creado pola Deputación de Lugo no ano 1932 coa intención de reunir e protexer distintos bens do patrimonio da provincia dispersos en coleccións particulares e institucións públicas, o museo ocupou inicialmente unha das salas do Palacio Provincial de San Marcos. No ano 1957 trasládase á sede actual, integrada polas dependencias do antigo convento de San Francisco e un edificio de nova planta deseñado polo arquitecto Manuel Gómez Román. Dende esa data o museo foi sometido a diversas ampliacións.

Na primeira planta pode verse a colección de mosaicos do século III aparecidos nun solar da rúa Armañá de Lugo; as coleccións de arte sacra, nas que destaca unha imaxe do Salvador en pedra procedente de San Pedro de Fiz de Muxa (Lugo), unha ampla mostra de imaxinería gótica manierista e barroca, as cruces procesionais en prata e diversos obxectos de uso relixioso; e no claustro, pezas de epigrafía, heráldica e outras coleccións en pedra. Na cociña conventual desta planta expóñense os fondos etnográficos, a carón do refectorio do convento.

Na parte alta do claustro atópase a sala de Prehistoria e Arqueoloxía na que se fai unha mostra cronolóxica dende o Paleolítico ata o final da Romanización; tamén as coleccións de cerámica, vidro, numismática e medallística.

Na segunda planta merece especial atención a colección de arte galego centrada en pintura e escultura dos séculos XIX e XX con salas monográficas adicadas a Antonio Fernández, Julia Minguillón e Corredoira, así como a colección de cerámica de Sargadelos á cal se dedica unha sala na que se amosan pezas de tódalas épocas da produción da Real Fábrica.

Como consecuencia da reestruturación do ano 2010 realizada na primeira planta do novo edificio de ampliación inaugurado en 1997, situouse alí a sección de debuxo e gravado galego coas salas monográficas de Castelao, Prieto Nespereira e Castro Gil, manténdonse exposta a colección de lucernas.

Fundado no ano 1934 e trasladado en 1957 ó edificio actual, inspirado na estrutura dun típico pazo galego anexo ó convento de San Francisco. No claustro, do s. XV, expóñense aras e estelas romanas, sartegos e laudas sepulcrais medievais, así como unha completa colección de reloxos de sol. Na sección de arqueoloxía expóñense obxectos que van desde a prehistoria ata a romanización, destacando o torque de Burela e o carneiro alado de Ribadeo. Exponse tamén o mosaico de Dédalo e Parsífae procedente das escavacións realizadas na rúa Armañá nos anos 80 do pasado século. Completa o museo unha serie de salas dedicadas á arte sacra e á pintura e escultura galega máis representativa dos séculos XIX e XX.

 

Concello, Comarca ou Provincia

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

A sede do Museo é o edificio do antigo Pazo Episcopal, situado en pleno centro histórico da cidade e declarado monumento histórico artístico en 1931. Trátase dun conxunto edificado, cunha parte central románica e engadidos posteriores.

Posúe unha sección de arqueoloxía (con pezas do mundo castrexo, como os Guerreiros, e das épocas romana, prerrománica e medieval) e unha sección de Belas Artes (con esculturas, como a Inmaculada de Juan de Juni ou os taboleiros do cadeirado de Montederramo, e pinturas dos séculos XIX e XX).

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense (Galipedia)

Provisionalmente

Carretera da Granxa, Conxunto de San Francisco, nº s/n 32004 Ourense (Ourense)

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense (Museos de Galicia)

Concello, Comarca ou Provincia