Exposición
Museo do Mar
O Museo do Mar de Galicia é un centro cultural e científico dedicado ao mar, inaugurado en xuño do 2002 situado na Punta do Muíño, na parroquia viguesa de Alcabre
O Museo do Mar de Galicia está emprazado na vella fábrica de conservas Alcabre-Molino de Viento (1887) en Vigo. A renovación da obra arquitectónica é encargada nun primeiro momento a equipa de Aldo Rossi e César Portela; unha vez finado Rossi, as obras rematan no ano 2002, baixo a dirección e a revisión do proxecto orixinal a cargo de César Portela. O edificio resultante mestura vangarda e tradición, formado por un conxunto de cinco naves rehabilitadas, un edificio de nova construción tamén de cinco naves, e a prolongación dun peirao preexistente onde se empraza un acuario e un faro.
Fai un percorrido detallado da evolución da industria pesqueira galega: pesca, conservación e comercialización de moluscos, sardiña e pescada. Outra parte do museo mostra a pesca en xeral e as condicións oceanográficas e biolóxicas que explican a distribución das especies. Está construído nun contorno natural, que integra edificios e espazos ó aire libre abertos ó mar.
Avda. Atlántida, 160 36208 Vigo (Pontevedra)
Colección de Anestesioloxía e Reanimación
A Colección de Anestesioloxía e Reanimación encóntrase exposta na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase dunha pequena colección monográfica que mostra o antigo instrumental médico anestésico, cirúrxico e de reanimación de Galicia, de especial relevancia por ser a Escola Compostelá de Medicina pioneira na administración de anestésicos en España.
Colección de Anestesioloxía e Reanimación (Museos de Galicia)
Colección de Anestesioloxía e Reanimación (Artigo GCiencia)
Mostra o instrumental utilizado antigamente en medicina cirúrxica e, en menor grao, noutras especialidades. A colección está distribuída nas instalacións do Colexio de Médicos de Santiago e nas da Facultade de Medicina.
San Francisco, nº s/n 15701 Santiago de Compostela (A Coruña)