Monte

Pena Abaladoira (O Cadramón)

Alfoz

Concello de Foz

A Mariña Lucense

Desde Ferreira do Valadouro pola estrada LU-P-0101, ao pé da subida ao Cadramón, atópase o indicador que sinala a ruta que leva á Pena Abaladoira. Tamén se pode acceder desde Castrodouro (Alfoz).

A pena abaladoira é un gran bolo granítico de 4 m x4 m x5 m cun peso aproximado de 20 toneladas.  Posúe coviñas e posibles restos de ter esculpida unha “bicha”, serpe xigante con cabeza humana.

Na antigüidade foi lugar de culto e rituais, e atribúense distintos poderes sanatorios e máxicos segundo varias lendas, que van desde cura de verrugas co sangue dos animais que sobre ela se sacrificaban, rituais de fertilidade e mesmo, dependendo de si se movía ou non, determinaba a inocencia ou culpabilidade dos reos, práctica presente ata o século XIII.

 

Concello, Comarca ou Provincia

Monte do Cadramón ou Alto do Cadramón

 

Galipedia

O Cadramón é o monte máis alto da serra do Xistral, e tamén da zona norte de Galicia. Ten 1056 m e está situado no municipio do Valadouro. Desde a súa cima pódese desfrutar das vistas de toda a Mariña e mesmo, en días claros, pódese ver a costa.

A serra do Xistral pertence á rede Natura 2000 e está declarada Espazo Natural Protexido e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC). Forma parte do macizo que separa a Terra Chá do Mar Cantábrico. É lugar de nacemento de varios ríos, entre os que están o Eume Landro, Masma, Sor e Ouro.

As zonas máis altas, envoltas en néboa e con frecuencia en neve, están cubertas de turbeiras e, agora, tamén de eólicos.

 

O Cadramón nevado

Concello, Comarca ou Provincia

Vista aérea do Pico Sacro

O pico está nas coordenadas 42.8071, -8.44686. As que poñemos aquí son as do avión. En: http://www.waymarking.com/waymarks/WM1BCR_O_Pico_Sacro_Boqueixn_A_Corua

O Pico Sacro é un monte puntiagudo, coa cima de cuarzo, unha sima, unha falla apreciable, cargado de lendas e desde o que se domina o val do Ulla. Cunha elevación de 533 m sobre o nivel do mar, presenta unha forma cónica e aguda que remata nun cume de cuarzo. Próxima á cima atópase a Capela de San Sebastián. Onde se atopa o vértice estivo a Fortaleza de Montesagro. O Pico Sacro é rico en lendas e sonlle atribuídas certas virtudes curativas relacionadas coas enfermidades óseas. Tivo un protagonismo especial na tradición xacobea, en relación ao traslado do cadáver do Apóstolo Santiago a terras de Compostela. Na cima ten un corte vertical de 2 m de ancho e 6 m de altura (rúa da Raíña Lupa) que permite pasar da vertente sur á norte sen necesidade de subir ao cume. A lenda popular di que este corte na roca de cuarzo foi feito pola espada dun titán, que estaría a pelexar con outro xigante nas proximidades da cidade da Coruña. Tamén ten unha pequena sima, O Burato dos Mouros, con dúas entradas comunicadas nas que non é aconsellable penetrar xa que hai un gran desnivel e é moi perigoso.

Concello, Comarca ou Provincia

Aldea de A Seara

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

Quiroga (Lugo)

A Seara, Quiroga

Lagoa da Lucenza

A Seara - Igrexa 1

A Seara - Igrexa 2

A Seara - Igrexa 3

A Seara - Igrexa e albergue de montaña 1

A Seara - Igrexa e albergue de montaña 2

A Seara - lagoa da Lucenza

A Seara - muiño 1

A Seara - o pobo 1

A Seara - os pasos 1

A Seara - rio Selmo 1

A Seara - a ponte 1

A Seara - a ponte 2

A Seara - a ponte 3

A Seara - calellas 1

A Seara - fervenza as Gurbias 1

A Seara - fervenza as Gurbias 2

A Seara - fervenza as Gurbias 3

A Seara - fervenza as Gurbias 4

Seara - fervenza as Gurbias 5

A Seara - fervenza de Vieiros 1

A Seara - fervenza de Vieiros 2

A Seara - fervenza de Vieiros 3

A Seara - fervenza de Vieiros 4

A Seara - fervenza de Vieiros 5

A Seara - fervenza o Focaro 1

A Seara - fervenza o Focaro 2

A Seara - fervenza o Focaro 3

A Seara - fervenza o Focaro 4

A Seara - fervenza o Focaro 5

A Seara - fervenza o Focaro 6

A Seara - fonte e lavadoiro 1

A Seara - fonte e lavadoiro 2

A Seara - fonte e lavadoiro 3

A Seara - rúas 1

A Seara - rúas 2

A Seara - rúas 3

A Seara - rúas 4

A Seara - vista 1

A Seara - vista 2

A Seara - vista 3

A Seara - vista 4

A Seara - vista 6

A Seara - vista 7

A Seara - vista 8

A Seara - vista 9

A Seara dende a Cogoluda

Formigueiros

Concello, Comarca ou Provincia