Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas)

Casa de Bao: hoxe e antano

EDICIÓN: ÁLVARO POY / DIEGO MÉNDEZ. TEXTO: ELISA/ NOELIA / YOLANDA/ CARMIÑA.

Esta casa atópase ao lado esquerdo da Praza da Fonte dos Caños. Tivo varias reformas estéticas, especialmente na galería e unha nova pintura. Polos anos setenta a casa chegou albergar catro negocios, ademais da vivenda. Eran unha reloxería chamada "Puga", unha librería, unha guardicionería (onde se encargaban de facer instrumentos con coiro e vendelo),  e os "Almacenes González" que aínda se mantén aínda que noutra ubicación. Coñecemos a historia da man do noso profesor Antón Bao, relacionado por familia coa casa. 

Antes

                                           A Casa de Bao é una das máis caracterísitcas do pobo, na praza da Fonte dos Caños.

 

bao

FOTO: ELISA PARDO MERLÁN E NOELIA LÓPEZ POY. A curiosa galería volada facendo esquina é unha das modificacións que se aprecian observando as dúas fotos.

 

 

Concello, Comarca ou Provincia

Cruce da carretera de Sarria: hoxe/antano

TEXTO: ELISA/NOELIA. O cruce está situado ó principio do pobo vindo de Lugo. Á dereita das imaxes sae a carretera de Sarria e con distintas sinais indicativas hoxe e antes. Na foto antiga vese que a carretera de Sarria tiña adoquín. A primeira casa da esquerda vese que cambiou as fiestras e que o encalado das paredes perdeu a cor. Á dereita, na foto actual vese  que se fíxo un edificio de vivendas por diante da casa que ocupa o primeiro plano na foto antiga, a palleira do Xixo, que permanece igual. A vista xeral é moi similar en ambas fotografías, sen embargo o skyline está moi modificado pola construción de edificios novos que ocultan as montañas de fondo que se ven na foto antiga e que tapan tamén a igrexia, da que só se ve un poco de campanario.

cruce sarriaFOTO: ELISA/NOELIA . Na década dos setenta os edificios eleváronse para modificar o skyline de Becerreá.

CRUCE CARRETERA DE SARRIA

FOTO: COLECIÓN CONCELLO. O campanario da igrexa destacaba no ceo de Becerreá, e dende o cruce había vistas ás montañas.

Concello, Comarca ou Provincia

Bar Eslavín: hoxe/antano

TEXTO: As fotos son da rúa Carlos III ou carretera xeneral, que ten un aspecto moi diferente tras uns oitenta anos. O edificio Eslavín, que na foto antiga atópase en primerio plano, consérvase prácticamente igual; sempre foi un local de hostalaría e actualmente non está habitado: os últimos inquilinos pecharon o bar no 2014 ó finalizar o arrendamento. Na foto vella asoma a parte traseira ou ábside da igrexa -tapada na nova polos edificios que están a cada lado do Eslavín. A igrexa non tiña todavía o campanario, construído na segunda metade dos anos 50. Na beirarrúa esquerda, hai un solar na foto antiga, que na actual ocupa o edificio do Bar Vilela. A beirarrúa dereita está sen edificar e non ten pavemento. 

eslavín hoxe

FOTO: FRAN RUÍZ. Na foto actual destacan o edificio do Banco Pastor con ladrillo á vista, que impide ver a igrexa; e o Bar Vilela, que antano era un solar. A beirarrúa dereita está totalmente edificada.

ESLAVÍN VELLA

FOTO: COLECIÓN CONCELLO. Esta foto pode ter uns 70-80 anos. Os primeiros propietarios da casa Eslavín compraron o solar para facer o edificio  no ano 1931, con vistas a trasladar un negocio de hostalaría situado rúa abaixo. Asoma o ábside da igrexa, reconstruída na postguerra, pero inda non tiña campanario.

Concello, Comarca ou Provincia

Curva da Fonda Lobato: hoxe/antano

TEXTO: FRAN/CHAO/SANTÍN

As fotos amosan o cruce da rúa Eulogio Rosón coa Avenida de Madrid ou Carlos III. Á esquerda, en primeiro plano, na foto antiga vese a Fonda Lobato. Enfrente, apréciase o cartel de Entrecanales e Távora , a empresa que construíu a nova variante da carretera nacional (que se ve na foto actual). Onde está o cartel da construtora, xa fora demolido o Bar Serrano. A beirarrúa da esquerda segue tendo prácticamente os mesmos edificios, excepto os dous primeiros, onde están Mapfre e Artcares. Do outro lado, apréciase na foto vella o antigo cuartel da Garda Civil, que hoxe é un parque. O fondo, o emblemático Bar Correos.

CURVA LOBATA

FOTO:FRAN/CHAO/SANTÍN. O novo trazado da carretera, de principios dos oitenta, transformou o cruce.

LOBATA ANTES

FOTO: COLECIÓN CONCELLO. A curva da Fonda Lobato era un punto negro no centro do pobo.

Concello, Comarca ou Provincia

Concello de Becerreá: hoxe/antano

EDICIÓN: DIEGO MÉNDEZ / TEXTO: IVÁN CARBALLO

O edificio do concello de Becerreá foi construído de novo, porque o vello edificio foi derruido a causa de un accidente. O 5 de outubro do 1968 é una data negra na historia do pobo. Un camión quedou sen freos e empotrouse nun dos bares da praza, o bar Serrano. Eran as 21:30 e había xente botando a partida, morreron tres persoas o camioneiro e dous veciños; ademais de outros 7 feridos.

Decidiuse cambiar o trazado da nacional para quitar unha curva moi perigosa no medio do pobo, con este obxectivo demoléronse todos os edificios da praza, e mesmo o do concello que foi derruido no ano 73 ou 74. O novo concello foi construído no ano 83; a fachada principal ten una orientación diferente hacia a nova nacional.

CONCELLONOVO2

 FOTO JAUJA. Edificio actual do concello coa vista da praza.

Concello vello Nº1

FOTO: COLECIÓN CONCELLO. Edificio antigo do concello; vese o supermercado que había na praza e nun segundo plano casas da rúa Eulogio Rosón.

CONCELLO HOXE Nº2

FOTO: JAUJA. Vistra dende a antiga nacional cara o novo concello. É unha fachada secundaria pero que se considera a fachada principal

concello vello N2

FOTO: COLECIÓN CONCELLO. A antiga fachada miraba o norte

praza concello

FOTO: COLECIÓN CONCELLO. Antiga praza do concello: o edificio dos 3 arcos era o Bar Plaza, acontinuación o Bar Serrano xa vallado a causa do accidente.

 

Concello, Comarca ou Provincia