Igrexa de Santa María de Mosteiro, parroquia de San Vicente de Nogueira, Meis.
Avda. de Cambados, s/n 36637 Meis (Pontevedra)
Data do século XII e formou parte do mosteiro benedictino do que herda o nome a localidade. Nas súas orixes dependía do mosteiro Carboeiro de Silleda, posteriormente da Abadía San Martín Pinario de Compostela. A partir do século XVI pasou aos cabaleiros da orde de San Xoán de Malta.
Na fachada destacan dous grandes contrafortes a ambos lados da porta.
Dous pares de columnas sosteñen as arquivoltas; o tímpano actualmente non presenta decoración. 
Nos capiteis están labrados motivos vexetais e de cestería. 
As arquivoltas rematan co típico xadrezado románico.
A maioría dos canzorros están ben definidos e pódense observar canciños, cabeza de bovino e de monstro, personaxe espido e personaxe cun libro...
A planta rectangular dunha soa nave remata nunha ábsida semicircular na cabeceira.



