27556 Taboada (Lugo)
Igrexa de San Pedro de Bembibre
Galería de imaxes de San Pedro de Bembibre
San Pedro de Bembibre, exemplo da arquitectura do románico da Ribeira Sacra.
Data do 1191 e foi construída probablemente polo mestre Martín.
A súa portada chegaría para outorgarlle un lugar destacado no románico pleno. Fermosos capiteis; nos exteriores destaca a representación dun basilisco, un dragón e dous grifóns enfrontados. Os do interior son todos vexetais.
Presenta bóveda de canón cun espléndido arco central co típico axadrezado da época.
Posúe unha capela cos restos de Don Juan de Taboada Ribadeneyra. Nas paredes locen abundantes pinturas recuperadas; entre as súas imaxes destaca un “San” Cristobo.
Portas
Columnas
Ventás
Interior. Retablo das capelas
Pinturas
Final
Doutros anos



































