Museo de Terra Santa

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

O convento compostelán de San Francisco, fundado no ano 1214, acolle nun dos seus claustros a exposición estable do Museo de Terra Santa. Ademais de gozar do edificio, exemplo do barroco galego, a visita supón unha oportunidade única de coñecer a cultura do Próximo Oriente, xa que se presenta un percorrido por todos os momentos históricos dos lugares santos da Biblia.

Museo de Terra Santa (Museos de Galicia)

Museo de Terra Santa (web oficial de Turismo de Santiago de Compostela)

Mostra pezas procedentes de Terra Santa, referentes ós lugares sagrados da Biblia, distribuídas nunha sección de Pasado remoto (desde o paleolítico ata a dominación romana) e Presente en Terra Santa (desde o século I ata a primeira guerra mundial). Nesta segunda sección pódense ver maquetas de edificios históricos de Xerusalén e unha valiosa selección numismática que vai desde Grecia ata hoxe.

Campiño de San Francisco, nº 3 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

No mapa

Museo de Terra Santa

Concello, Comarca ou Provincia