Torre de Caldaloba Lugar a Rabada, 12A, 27375, Lugo
A torre de Caldaloba, tamén coñecida como castelo de Vilaxoán, é unha fortaleza de orixe medieval situada na parroquia de Pino, no concello de Cospeito
A torre da homenaxe é o único que se conserva da fortaleza medieval do século XV. Está asentada nunha rocha cortada a pico polo seu ángulo nordeste e defendida por catro profundos foxos, que aínda hoxe se conservan.
Mantense erguida a torre de planta cuadrangular e construída a base de mampostería de pizarra con algún cachote de granito. Ten 10,2 m de lado nunha altura de máis de 30 m e un espesor nos muros de 2,65 m.
As catro plantas das que constou dedúcense das pegadas que presentan os paramentos interiores. Saeteiras e vans en forma de arco defendían e daban luz ó seu interior. Ata nós chegou parte dunha almeaxe voada que a coroaría na súa parte superior da Torre. Apunta D. Ángel del Castillo que a súa techume era de bóveda de canón recorrida por arcos faxóns que a reforzarían.
A historia vincúlaa ao Mariscal Pardo de Cela, que a recibe en propiedade polo seu casamento con Dona Isabel de Castro e Osorio.
Durante o levantamento popular dos Irmandiños, nesta fortaleza resistiron dona Constanza e Fernán Ares de Saavedra, filla e xenro respectivamente do axustizado Pardo de Cela. Tratábase do último reduto da nobreza galega que ofreceu resistencia á centralizadora política de Castela, establecida polos Reis Católicos. (Panel situado na ruta cara a Torre)
Declarada BIC en 1994, atópase en estado de ruína progresiva.


