Arteixo

Castro do Cociñadoiro

Castro do Cociñadoiro

Castro Cociñadoiro: Na Punta de Muros ou Punta Langosteira. No ano 2004, arqueólogos, ecoloxistas e veciños denunciaron que as obras do porto exterior da Coruña, en Punta Langosteira, ían levar por diante o castro, cuxa importancia xa fora recoñecida pola Declaración de Impacto Ambiental, no ano 2001, do Ministerio de Medio Ambiente. Nas actuacións de urxencia, comezadas a principios do ano 2005, saíron á luz 23.000 obxectos dos que só foron inventariados 9.687. O castro, agora na memoria, databa do século IX a.C., tendo o seu máximo apoxeo entre os séculos VII e VI a.C. 

Concello, Comarca ou Provincia

Praia glaciar ou coluvión?

Unha praia produto dun glaciar ou coluvión?

En palabras de Fran Canosa, experto xeólogo, na zona non debería haber glaciares e si pode haber coluvións. Na wikipedia dise que "Os procesos de alteración mecánica e meteorización química das rochas, determinan a formación dun manto de alteración ou eluvión que, cando pola acción dos mecanismos de transporte de ladeiras, é desprazado da súa posición de orixe, denomínase coluvión. Sobre os materiais do coluvión, pode desenvolverse o que comunmente se coñece como solo; o solo é o resultado da dinámica física, química e biolóxica dos materiais alterados do coluvión, orixinándose no seu seo unha diferenciación vertical en niveis horizontais ou horizontes. Nestes procesos, os de carácter biolóxico e bioquímico chegan a adquirir unha grande importancia, xa sexa pola descomposición dos produtos vexetais e o seu metabolismo, polos microorganismos e os animais zapadores."

Na praia do lado vense sedimentos glaciares ou de coluvión

Concello, Comarca ou Provincia