Carnota

Hórreo de Carnota, Igrexa de Santa Comba

Hórreo de Carnota
Pombal e Igrexa de Santa Comba, 15293 Carnota, A Coruña

O Hórreo de Carnota, construído entre os anos 1768 e 1783, foi declarado Monumento Nacional. Forma xunto coa casa reitoral, o pombal e a igrexa de Santa Comba un conxunto arquitectónico digno de admiración.
Posúe planta rectangular e consta de vinte e dous pares de pés, medindo 37,74 metros de longo e 1,90 metros de ancho. Está en constante rivalidade co Hórreo de Lira, tamén pertencente a este municipio, por ser un dos máis grandes de Galicia.

Cabaceira de Carnota

Santa Comba de Carnota, Carnota

Igrexa de Santa Comba de Carnota

Carnota Galería de Imaxes

Concello, Comarca ou Provincia

O xeito faise ó mar sen despedida

ALEXANDRE NERIUM:
Lugar: Rada de Carnota

Languidecernos preto da arnela sen area,
devorarnos o livro se a barlovento agrisa...
¿Paga a pena enxoitarnos coa fervenza?, ¿inda quedan
Mañotos para pormos? O frieiro da ardentía
segue a arfarnos, levédanos co cuspe da ribeira.

Lesnorleste. Crepita a extenuación nas quillas
testas. O xeito faise ó mar sen despedida...
O padexar isócrono escabeza, amoréanse
os sons das brogas irtas; namentres escintila
no fondo o seu achado, cando a airexa apodrece...

...Como a guerla... O escumallo restaura algún batente
que estrambotee un prego de conversas. Efémero
rinchar, ese, o do carro que ri cando o ar desprende
somnolencia. Encomeza na tona... o ardor de sempre...
(da auga) na enfilación mendaz do cabeceiro.

...De cuberta. As primeiras danzan, choutan...; debágaas,
axiña aquel da pana que vén sendo o máis vello
de cuberta... En ringleira vanse arrombando, a xeito,
pé da popa, boireis descortizados, trallas
moles e os toros que saciaron ós patelos.

Veñen vindo pensando en ter a lúa: uns, na Lama,
outros, no Consieiro... e, os de leste, na rada
de Carnota (mallaran de mareo nas fecheiras).
A xouba anda en barría xunto as rinchas. En terra...
viúvas regateiras agárdanos... se cadra.

(De Vogar de couse, 2003)

Praia de Carnota

Concello, Comarca ou Provincia