A Pastoriza
Castro de Saa
Concello A Pastoriza
A Pastoriza é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá.
Casa do Concello
Praza de Galicia, 1. 27287 Pastoriza (A) (Lugo) Teléfono 982-332197 / Fax 982-332233 correo-e administracion@concellodapastoriza.es
Datos 2019
Alcalde Iglesia Sierra, Primitivo (PSOE)
2019 Censo: 3056 Superficie (km2) 175 Entidades de poboación 176
Galipedia
Web do concello
Lagoa e Área recreativa Fonmiñá
A lagoa de Fonmiñá, de orixe kárstica, fórmase ao xurdir á superficie por primeira vez o río Miño. Para destacar o afloramento do “río pai” está situada a escultura dedicada ao “deus Breogán”, feita por Magín Picallo e Manuel Mallo en 1969
Bretoña
Santa María de Bretoña é unha parroquia do concello lugués da Pastoriza na comarca da Terra Chá.
Esta igrexa suponse sucesora do “mosteiro de Máximo”, un lugar mencionado no Parroquial Suevo (século VI) como sé do bispado de Britonia -capital das terras dos bretóns, celtas que dos séculos IV ao VI recalaron nelas fuxindo de Britannia-. A igrexa actual conserva varias pedras da anterior edificación, como a cabeza do anxo sobre a porta de acceso á torre do campanario.
Britonia contou con Maeloc como bispo influinte do que se rexistra a súa asistencia ao Concilio de Braga no 572, tamén se considera afamado caudillo nas loitas contra os viquingos.
A sé episcopal trasladouse a Mondoñedo, no século VIII, a causa da destrución de Bretoña e do mosteiro de Máximo polas invasións musulmanas.
As fondas raíces celtas son reivindicadas en Bretoña cada ano desde hai un tempo coa celebración do Lugnasad.
Museo Pedagóxico-etnográfico Villapol
Igrexa Parroquial de Santa María de Bretoña
27286 A Pastoriza (Lugo)
Igrexa Parroquial de San Xoán de Lagoa
27287 A Pastoriza (Lugo)
Igrexa Parroquial de San Cosme de Piñeiro
27248 A Pastoriza (Lugo)





























