Sober

Igrexa de Santa María de Proendos

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

27460 Sober (Lugo)

A Igrexa de Santa María de Proendos é un exemplar do románico rural do século XII que conserva na capela maior unhas interesantes pinturas do XVI.

A ábsida

O único que queda do románico vai ser a ábsida e como podedes ver o acceso á ábsida faise a través dun arco triunfal apoiado en 2 capiteis nos que uns historiadores ven decoración vexetal e outros decántanse por ver, no da esquerda, o pan eucarístico e, no da dereita, o báculo e a mitra bispal. Unha das columnas é de mármore e posiblemente provén do xacemento romano que existía nese lugar.

Exterior

Interior

Pedra fundacional

O bispo ou o seu delegado virían para certificar a construción e enterraríase no chan a pedra fundacional sobre a que comezaría a construción da Igrexa. Pénsase que foi atopada nunha restauración  e colocada na parede da igrexa.

Concello, Comarca ou Provincia

Igrexa de San Xillao de Lobios

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

27423 Sober (Lugo)

Igrexa de San Xián de Lobios

1-Igrexa. Pertenceu ao antigo mosteiro de monxas benidictinas. Foi abandonado a raíz da reforma ordeada polos Reis Católicos a principios do s. XVI. Presenta patróns do tardorrománico, do gótico temperán e da linguaxe do Cister.

2-Porta Sur.  Entrada lateral formada por arcos apuntados.  Consta de 3 arquivoltas decoradas con flores de 3 pétalos -significado divino do 3, a trindade- .Na interior ten flores de 4 pétalos con botón central.As arquivoltas apóianse en capiteis historiados. No da parte exterior da dereita o arcanxo San Miguel loita cunha lanza contra o dragón. Escena do Apocalipse de San Xoán que relata a loita de San Miguel contra os anxos caídos, o diaño representado polo dragón. O capitel central con decoración vexetal e, no interior dereita representa dous dragóns pelexando.Á man esquerda vemos os centauros, seres mitolóxicos que convidan a deixar a soberbia e a luxuria fóra antes de entrar ao templo. Os capiteis centrais con decoración vexetal que recorda á escola do Mestre Mateo, influencia que se recibe polo camiño de Santiago. O capitel interior, con dúas pombas que se están alimentando dunha froita, representa ao fiel que participa na eucaristía. A pomba tamén representa ao bo cristián e a pureza.

3-Fachada Porta Oeste. O oeste representa as tebras, a escuridade... o que hai que deixar para entrar no sagrado. Os capiteis presentan motivos vexetais.A arquivolta exterior ten decoración en punta de diamante ou cravos, tamén moi típica na catedral de Santiago,  repítese despois a decoración da porta sur coas flores de 3 pétalos e na arquivolta interior parecen boliños de pan, que representan a eucaristía.A ventá é tipicamente gótica. A espadana xa é do século XIX e substitúe á antiga torre románica.A portada sobresae da fachada.4-Ménsulas Tetramorfas. Esta iconografía é moi curiosa e realizadas por distintos autores.Representan aos catro evanxelistas. Nesta imaxe vemos o león -Marcos-.O Anxo -Mateo-.A aguia -Xoán-.O Toro -Lucas-.5-Bóveda retablo pinturas. Ten restos de pinturas do s. XVI que representan o xuízo final pero o cabalo é un resto de pinturas anteriores.A cuberta con dous nervios. A ábsida é testeiro plano e o retablo do s. XVIII.

6-Capela dos Anxos. Situada nas proximidades do templo ten unha lauda sepulcral reutilizada como dintel da porta. 

7-Cruceiro

Concello, Comarca ou Provincia