Cervo

Paseo dos Namorados

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

27891 Parroquia de Sargadelos, Cervo (Lugo)

O Paseo dos namorados comeza na zona das antigas fábricas de siderurxia de Sargadelos. Segundo conta a lenda, este paseo obra o milagre de namorar a toda parella que o percorra. 

A vexetación de Ribeira e uns impresionantes exemplares de eucalipto, que emulan aos do Souto da Retorta, sumados ao son da auga e dos paxaros, illan aos paseantes do mundo exterior e crean unha atmosfera máxica. 

Podemos dividir o paseo en tres zonas; en cada un dos enlaces que seguen pódese acceder ás imaxes de cada unha delas.

Paseo dos Namorados 1-A Canle

Paseo dos Namorados 2-Presa

  Paseo dos Namorados 3-O Río Xunco

Inicio do Paseo

Concello, Comarca ou Provincia

O Negrillo

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

Lugar: A Senra. Parroquias de San Román de Vilaestrofe e Cervo, 27891 Cervo (Lugo)

Nesta zona houbo un área recreativa pero hoxe non quedan máis que as árbores que lle deron nome. O negrillo, ou olmo común, é unha árbore caducifolia cuxo nome científico é Ulmus minor. Alcanza alturas de 40 m e as follas verdes aovadas co bordo aserrado presentan cores amareladas no outono.

Con todo, A Senra é un lugar coidado e agradable para dar un paseo. 

Capela de San Pedro. Capela privada que data do ano 1636. No seu interior hai varias imaxes do século XVII

Hórreo típico da zona

Casa de turismo rural

Paisaxe

Concello, Comarca ou Provincia

Museo Provincial do Mar

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

Avda. da Mariña, s/n 27890, San Cibrao, Cervo (Lugo)

Museo Provincial do Mar

En 2018 constaba de catro seccións: (Galipedia)

  1. “A escola: un museo de todxs, para todxs. O latexo do museo: motor de barco e arquivo fotográfico”. Repasa o uso para o que inicialmente foi concibido o edificio. Asemade, dispón dun motor a vapor e fotografías de arquivo, aportadas por veciños.
  2. “A carpintería de Ribeira, o caso de San Cibrao”, “Tipoloxía de barcos a vela construídos en San Cibrao” e “A arte de marear: mirando ao norte”. Repasa a vida dos estaleiros de S. Cibrao (activos dende o s XV) con maquetas de diferentes tipos de barcos, relevantes na historia local, o “Paca Gómez”, o “Industrial” ou a goleta “Sargadelos”. Tamén, un banco de carpinteiro de ribeira, instrumentos de navegación e pezas do patrimonio subacuático dos naufraxios da fragata “Magdalena” e do bergantín “Palomo”.
  3. “Os oficios do mar”, “Historia da pesca en San Cibrao: artes e aparellos de pesca” e “Vida mariña: algo máis que peixes”. Oficios do mar, aparellos e fauna mariña.
  4. “Os cazadores de baleas”. Sobre a historia da caza da balea en dous períodos: do s XVI ao XVIII e durante o s XX.
  5.  

Concello, Comarca ou Provincia