Allariz

Museo de Arte Sacro de Santa Clara de Allariz

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

 

Renovado Museo Iconográfico de Arte Sacra no que a colección exposta, propiedade da Fundación Aser Seara, está formada por máis dun centenar de obras relixiosas de temática mariana, cristolóxica e haxiográfica. O percorrido polas diferentes salas e plantas do centro ofrecen unha visión xeral da iconografía sagrada datada entre os séculos XIII e XX, principalmente a través de esculturas, relevos, pinturas e ourivaría.

Museo Iconográfico de Arte Sacra de Allariz (Museos de Galicia)

Allariz (Galipedia)

Museo de arte relixiosa, con notables pezas de marfil, entre as que destaca unha Virxe Abrideira de finais do século XII (doazón de Dona Violante, fundadora do convento e dona de Afonso X o Sabio); e de prata, entre as que destaca unha Cruz de cristal de rocha gótica.

Real Mosteiro de Santa Clara. Campo da Feira, nº 14 32660 Allariz (Ourense)

Concello, Comarca ou Provincia

Conxunto de Santa Mariña de Augas Santas

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

32668 Allariz (Ourense)

Vídeo Lume na auga

No centro da aldea de Santa Mariña de Augas Santas, catalogada Conxunto Histórico na década dos 60,  está situada a monumental igrexa románica  (s. XII-XIII),  declarada Monumento Nacional en 1931. No seu interior atópase o mausoleo onde a tradición popular conta que descansa o corpo da mártir. Á súa beira a Fonte da Santa, a reitoral, a capela de San Tomé e o seu pozo (no cal supostamente foi decapitada Mariña)

Concello, Comarca ou Provincia