Casa de Rosalía
Galego (A posición de Turismo está errada)
Parroquia: Ortoño (San Xoán)
Lugar: A Tarroeira
15864 Ames - A Coruña
Tes que entrar pola rúa Camiño de Rosalía
Galego (A posición de Turismo está errada)
Parroquia: Ortoño (San Xoán)
Lugar: A Tarroeira
15864 Ames - A Coruña
Tes que entrar pola rúa Camiño de Rosalía
De Abaixo, s/n 15920 Rianxo (A Coruña)
Reitoral de San Xulián de Bastavales
Igrexa de San Xulián de Bastavales
Lugar: Bastavales (as campás soan en todo o val, como se ve na foto)
Campanas de Bastavales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio,
Elas tocan pra que rece;
penso que por min chamades,
E das entrañas me doio
Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.
solo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.
Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.
No cemiterio, cruces con poliedros semirregulares

Ruta de Rosalía

Federico García Lorca
Danza da lúa en Santiago
¡Fita aquel branco galán,
olla seu transido corpo!
É a lúa que baila
na Quintana dos mortos.
Fita seu corpo transido
negro de somas e lobos.
Nai: A lúa está bailando
na Quintana dos mortos.
¿Quén fire potro de pedra
na mesma porta do sono?
¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos!
¿Quén fita meus grises vidros
cheos de nubens seus ollos?
¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos!
Déixame morrer no leito
soñando con froles dóuro.
Nai: a lúa está bailando
na Quintana dos mortos.
¡Ai filla, co ar do céo
vólvome branca de pronto!
Non é o ar, é a triste lúa
na Quintana dos mortos.
¿Quén brúa co-este xemido
dímenso boi melancónico?
¡Nai: É a lúa, é a lúa
na Quintana dos mortos
¡Si, a lúa, a lúa
coronada de toxos,
que baila, e baila, e baila
na Quintana dos mortos!
Federico García Lorca
Lugar: A Praza do Obradoiro
Madrigal á cibdá de Santiago
Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
agoa da mañan anterga
trema no meu corazón
Madrigal a la ciudad de Santiago
Llueve en Santiago
mi dulce amor.
Camelia blanca del aire,
brilla su tristeza al sol.
Llueve en Santiago,
la noche es oscura.
Hierbas de plata y de sueño
están cubriendo la luna.
Mira la luna en la calle,
son de piedra y de cristal.
Mira en el viento esvaído
sombra y ceniza del mar.
Sombra y ceniza del mar,
Santiago, lejos del sol;
agua de mañana antiguo
estremece el corazón.
Madrigal for the City of Santiago
It rains on Santiago
my sweet love.
White camellia of air,
sunlight in a veil.
It rains on Santiago,
in the dark night.
Grass of silver and dream
covers the empty moon.
See the rain in the streets,
the lament of stone and glass.
See on the fading wind
your sea’s shadow and ash.
Your sea’s shadow and ash,
Santiago, far from the sun:
shivering in my heart,
water of ancient dawn.
Versíón original en gallego
En mayo o junio de 1932 nació el «Madrigal á cibdá de Santiago», donde Lorca expresa «su impresión de Compostela bajo la lluvia, mezcándola con una vaga nostalgia amorosa.»
Madrigal á cibdá de Santiago de Federico García Lorca, madrigal de "Seis poemas galegos de 1935"
Nicomedes Pastor Díaz Corbelle.
Lugar: Rio Landro
O seu poema en galego Alborada (1828) considérase unha das primeiras mostras do renacer desta lingua.
“A Alborada”
Ai, miña pequeniña!
Que ollos bonitos tes! Que brilladores!
Case salta a alma miña!
E vendo os teus colores
Ver me parece todos os amores! 5
Agora que a alborada
Os dulces paxariños xa cantaron
E da fresca orballada
Nas perlas os ramiños se pintaron,
Agora, que divinos 10
Brillarán os teus ollos cristalinos!
Ai! Asoma, esas luces
Asoma a esa ventana, miña hermosa,
Tu que sempre reluces
Con elas máis lustrosa 15
Cá Luna, cando nace silenciosa.
Verasme aquí cantando
Xunto estas augas craras, estas penas,
Verasme aquí agardando
Que se rompan as lúgubres cadenas 20
Da noite que me aparta
De quen nunca a alma miña se veu farta.
Mírame, si, querida
Cando do blando sono te levantes
Máis fresca e máis garrida 25
Ca estas frores fragantes,
Cá espuma destas ondas resonantes.
E aínda non parecen
Eses olliños teus? Dormes, rosiña?
Dormes, e resplandecen 30
Os campanarios altos da mariña?
Aínda non oíche
Aquela dulce voz que me aprendiche?
Déixasme que aquí sólo
Ás augas lles dirixa os meus acentos, 35
E non vés ó meu colo
Fartarme de contentos
E, amante, aproveitar estes momentos?
Desde aquí vexo os mares
Serenos estenderse alá no ceo. 40
Oio de aquí os cantares
Da píllara fugaz, do merlo feo,
Pero o teu seo lindo
Non o vexo, meu ben, que estás durmindo.
Xa se foi o luceiro, 45
Desperta desa cama, miña rosa.
Desperta, e ven primeiro
Abrir a venturosa
Ventana do teu carto, ven graciosa.
Sal como sempre sales, 50
Máis divina cá diosa de Citera
Salindo dos cristales,
Máis galana cá leda primavera
Esparcindo rosales:
Venus pra min, amante, 55
Primavera, mañán e fror fragante.
Xa te vexo salindo
Mirarme, e retirarte avergonzada.
E de quen vas fuxindo
Tontiña arrebatada? 60
Do teu amor que canta na enramada?
Non fuxas, non, querida,
Ven aquí, baixa a escala sin temores,
Esa frente garrida
A miña man a cubrirá de frores, 65
Xa as teño aquí xuntiñas
Que venturosas son! Que bonitiñas!
Ven, despeinada aínda,
Darme o primeiro abrazo, darme a vida.
Canto es así máis linda! 70
Ven que a mañán frorida
Sólo pra os que se queren foi nacida.
Non, non, durme, descansa!
Naide turbe o reposo do teu peito,
Plácida quietud mansa 75
Sin cesar vele o teu hermoso leito.
Durme, que non tes penas
E acaso en min soñando te enaxenas.
Reposen os teus ollos
Eses ollos divinos, venenosos. 80
Tamén finos cogollos
Nos rosales pomposos
Agardan por abrirse recelosos.
Si, miña prenda amante:
Eu cantarei aquí mentras que dormes. 85
Ai, que o Landro brillante
Non é o dourado Taxo, nin o Tormes
Alinda o meu retiro!
Durme, si, durme, mentras que eu suspiro
Nicomedes Pastor DíazMARÍA LADO
Lugar: Afundimento do Casón. Na Punta do Castelo. Praia do Rostro
a televisión está agora no sitio onde tiñamos a alegría da radio
puxéstema ti porque dis que así
mentres meto ás agachadas
a cabeza no balde amediado de auga
podo sentir o número de baixas doutras guerras e ás veces
os mozos que pasan coas botas negras entre eles
pero eu xa son vella
miña avoa di que teño nome de vella
cando eu era pequena non tiñamos televisión
e proxectabamos nas paredes el patito feo
e la vida del pájaro carpintero
o ano que mercamos a televisión
fixo un temporal como non se recorda
chegou un barco de bidóns tóxicos á costa
e saímos na nosa televisión na nosa propia por iso
e era día da festa e soubemos
que o aire dun lóstrego matara a única filla de miña avoa
luz divina
algunhas noites tamén iamos á lacena da pastelería
e comiamos os fideos de chocolate cos que adornan os bolos
ás agachadas como eu fago no balde
miña avoa chamábame polo baixo luz divina
pero meus pais non mo quixeron pór.
(De Casa atlántica, casa cabaret, 2001)
María LadoMODESTO FRAGA
Lugar: Ermida de san Guillerme
Por anagrama levas a senda do erotismo
debuxado. No horizonte a imaxe do teu pobo:
dous fermosos seos de muller tralos penedos
que esconden a verdade de tanta lenda viva.
Orcavella. A lenda das lendas esquecidas
que dorme no cumio, alén onde remata o Facho.
A de San Guillerme, Ara Solis e tantas outras
que levan de anagrama a senda do erotismo.
A de cidades como Dugium, terra dos pagáns,
asolagada polos mares e condenada
a ficar baixo terra pola súa teima ao mal.
Por anagrama, tamén a senda do erotismo.
Dende o Cabalo de ouro, soterrado nalgures,
até as máis fecundas lendas do culto a Venus:
din por acá os máis novos, que contan os máis vellos,
que levan de anagrama a senda do erotismo.
(De Mar de ausencias, 1999)
MODESTO FRAGA
Lugar: Mar de Fóra (Fisterra)
A Segundo Moure Trillo, último xeiteiro
En Mar de Fóra
apenas se percibe a luz do día.
E o frío arde
nos tombos da mudez máis arraigada.
E todo fica estraño
e silencioso
como unha sombra
enxoita de paisaxes.
En Mar de Fóra
adoito se mesturan
as artes do tributo máis efémero:
herdanza de salitre
-a nosa-
de homes e mulleres salitrosos.
Porque levamos no silencio
o rostro e a palidez salgada do traballo.
Ese traballo inxel
de remendar nas redes máis absurdas.
En Mar de Fóra
as redes son o berce
onde aniñamos, nós,
alén da luz escura
que nos sinala o día.