Literatura

Encantos

GONZALO LÓPEZ ABENTE
Lugar: Nemancos

Unha nube de chumbo a tapar todo o ceu;
borraxeira e orballo que revoan no ar;
os inxentes penedos, xa tristeiros de seu,
espallando queixumes con dorido fungar;
os montes envolveitos na brétema sotil;
e as bocas desdentadas das furnas no cantil.

Escumas, ardentías,
atruxante balbor,
e, cal apocalípticas porfías
de cíclopes, vestiglos e xigantes
das vellas e varís mitoloxías,
os ecos trepidantes
do líquido elemento bruador.

¡O mar!
¡O meu mar!
¡O mar que eu vexo,
netes días de inverno,
gris, abalante,
inquedo, forte e rexo,
a cólera a roubar do fondo do averno
e a bater nas orelas, escumante
de rabia e de furore, nun épico loitar!

Este mar que derruba coas paredes das hortas,
desfaise contra os cons e sobe polos cabos;
que corre polas rúas ribeiranas e tortas
antre as casas homildes dos mariñeiros bravos.
Este mar belicoso que a costa brava asedia,
que as ondas esnaquiza nunha branca fervenza
e en escumas de prata no cantil as destrenza...
é o gran creadore dunha eterna traxedia.


(De Nemancos,1929)

Gonzalo López Abente

Muxía

Leis de Nemancos, Muxía

Concello, Comarca ou Provincia

Volta pr'a Terra

EVARISTO MARTELO PAUMÁN
Lugar: Castelo de Vimianzo

Nas Torres de Vimianzo
din que hai un mouro encantado,
homes e nenos co medo
de noite pasan de largo;
eu non sei si será o mouro,
eu non sei si será o trasno,
si son os meus pensamentos,
que algunha noite velando
solitario no meu leito,
co reflexo do cigarro
batendo nalgún espello,
ou no curruncho dun arco
trasvexo así como sombras
lindas e blancas pasando.
"Vinde a facer homenaxe,
vinde a min, que son o amo,
miña mesnada sombriza",
dígolles; quedo agardando,
mais elas, si son non veñen
aínda foxen cando eu falo.

Só escoito por resposta
os cans ó lonxe ladrando
xunto as portas dos quinteiros
non longo val espallados,
os asubíos do vento
nos matacáns do meu pazo,
o grave son da follaxe
como un xigante roncando,
o berro dunha curuxa,
ou as couces dos cabalos
que no silencio da noite
patean de min debaixo,...
e cando ó fin xa me durmo,
quixera velas soñando.
¡Ou! quen fora vulgo, ou neno!
¡Casi me encantan encantos!
   
(De Líricas gallegas,1894)

Castelo de Vimianzo

EVARISTO MARTELO PAUMÁN

Vimianzo

Concello, Comarca ou Provincia

O dolmen de Dombate

EDUARDO PONDAL
Lugar: Dolmen de Dombate

Aínda recordo, aínda
Cand´eu era estudiante
Garrido rapacete
Que ben regerse sabe,
Cand´iba pr´a Nemiña
A estudiar o arte
Do erudito Nebrija
E do boo Villafañe,
E iba a cabalo, ledo,
Cal soen os rapaces.

Pasado Vilaseco,
Lugar batido do aire,
No alto da costa d.´Ures,
Da montesía canle;
Pasado Vilaseco,
Indo p´la gandra adiante,
Ja vía desde longe
O dolmen de Dombate

Deixando Fonte-Fría
Cara o lado de Lage,
E levando o camiño
De San Simón de Nande,
Polo chan do Borneiro
De cativo pinales,
Cuase pasaba a rentes
Do Dolmen de Dombate.

Quedaba o misterioso
Fillo doutras edades
C´a súa antiga mesa,
C´as súas antigas antes,
No seu monte de terra,
Non alto e ben roldante,
Poboado en redondo
De montesío estrame,
De pequenas queiroas
E de tojos non grandes,
Como calada esfinge
Que, sublime, non fale,
Como náufrago leño
De soberbio cruzamen,
Lanzado sobr´a praia
Por potente oleage,
Que de pasada rota
Mostre rudas señales,
E mostre aberto o flanco
Por glorioso combate,
E con linguage mudo
Das súas glorias fale.
¡ Canto, ai, mudar pode
longa e vetusta edade!

Entonces eu deixando
Ambas rendas flotantes,
Pensoso iba cuidando,
P´la Viqueira salvage,
Nos nosos ja pasados ,
Nos celtas memorabres,
Nas súas antigas glorias,
Nos seus duros combates,
Nos nosos vellos dolmens
E castros verdejantes.

E despois a Nemiña,
Ou que fose ou que tornase,
Ó velo desde longe,
Indo p´la gandrea adiante,
Sempre ledo escramaba:
” ¡ O dolmen de Dombate!”

Agora que pasano
Meus anos jogorales,
Agora que só vivo
De tristes suidades,
Que cumpro con traballo
Meu terrenal viage
E qu´a miña cabeza
Branquea a grave edade,
Aínda recordo, aínda
O dolmen de Dombate.

Galipedia

Dolmen

Pondal

Antón Zapata García

ANTÓN ZAPATA GARCÍA
Lugar: Dolmen de Dombate

  AO sôn das graves arpas dos bardos de Briganza,
e darredor do dolmen cinguido de druídas,
baixo o craror da lúa, en roldas ben tecidas,
as celtas virxinaes bailaban a roldanza.

  As súas cantareas d-arela, fide e espranza,
voaban pol-a gandra, câl pombas tremecidas;
e, brancas e lanzales, finxían margaridas
brandéndose cô sopro da bris da venturanza.
    
  D-aqueles nobres tempos —¡ouh, dolmen de Dombate!—,
sô tí quedache ergueito, dempóis do fero embate
que os lobicóns de Roma levano ao teu solar;

  mais, se de nuite a lúa tece seu albo sayo
cabo de tí, dí a xente que vái pra LAXE ou Bayo,
que vío bultos brancos ao teu redor bailar!

Concello, Comarca ou Provincia

E ti, campana d'Anllóns

 

EDUARDO PONDAL
Lugar: Igrexa Parroquial de Anllóns

E ti, campana d´Anllóns,
que, vagamente tocando,
derramas nos corazóns
un bálsamo triste e brando
de pasadas ilusións.
Alá nos pasados ventos,
Primeiros da miña vida,
Oio teus vagos concentos,
Reló dos tristes momentos
Da miña patria querida.

¡Cantas veces te lembrou
o que marchou para a guerra,
cando a súa nai deixou,
e partindo a estraña terra
de Baneira t´escoitou!

¡Cantas, do mar africano
cautivo bergantiñán,
oio nun soño tirano
o teu tocar soberano
aló nas tardes do vran!

Cando te sinto tocar,
Campana d´Anllóns doente,
Nunha nuite de luar...,
Rompo triste a suspirar
Por cousas dun mal ausente.

Cando doída tocabas
Polas tardes á oración,
Campana, sempre falabas
Palabras con que cortabas
As cordas do corazón.

Estabas contando ós ventos
Cousas do meu mal presente,
Os meus futuros tormentos,
Que dabas con sentimentos
Según tocabas doente.

Campana, se polo vran
Ves lumiar na Ponte-ceso
A cachela de San Joán,
Dille a todos que estou preso
Nos calabozos d´Orán.

E a aquela rula inocente,
Que me morría d´amor
No regazo docemente,
Tembrando com´unha fror
Sobre escondida corrente,

Diraslle que unha, de ferro,
Arrastro, rouca cadea,
Castigo atroz do meu erro,
E que dentro deste encerro
O seu amor me alumea.

E ti, golondrina errante
Dos longos campos d´Argel,
S´á miña terra distante
Te leva o voxo constante,
Dille o meu penar cruel;

S´alguén por min preguntar,
Dille que estou en prisións,
 E unha nuite de lunar
Iraste unha vez pousar
No campanario d´Anllóns”.

Así triste, en terra allea,
Aló na prisións d´Orán,
Cantaba un mozo d´aldea
E nos grillóns da cadea
Levaba o compás c´a man.

“¡Oh, nai da miña vida,
adiós, adiós, meu pai;
prenda de min querida,
adiós, oh miña nai!
Sombras dos meus avós,
Río da Ponte-Ceso,
Pinal de Tella espeso...,
Acordavos dun preso
Como el o fai de vós.
Campana de Anllóns,
Noites de lunar,
Luna que te pos
Detrás do pinar,
Adiós...,
Adioos...,
Adiooos...

Galipedia

Pondal

Desde o Miradoiro As Grelas en Cabana de Bergantiños

Desde a Casa natal de Pondal en Ponteceso

Concello, Comarca ou Provincia

Praza Maior monumento a Luis Pimentel

Praza Maior de Lugo

  • Luis Pimentel
  • Praza Maior
  • Praza Maior
  • Luís Pimentel

    Luís Benigno Vázquez Fernández-Pimentel,, máis coñecido como Luís Pimentel,


    CUNETAS
    (de “Outros poemas”)

    ¡Outra vez, outra vez o terror!
    Un dia e outro dia,
    Sen campás, sen protesta.
    Galicia ametrallada nas cunetas
    dos seus camiños.
    Chéganos outro berro.
    Señor ¿que fixemos?
    -Non fales en voz alta-
    ¿Ata cando durará este gran enterro?
    -Non chores que poden escoitarte.
    Hoxe non choran mais que os que aman a Galicia-
    ¡Os milleiros de horas, de séculos,
    que fixeron falta
    para facer un home!
    Teñen que encher ainda
    as cunetas
    con sangue de mestres e de obreiros
    Lama, sangue e bágoas nos sulcos
    son semente.

    Docemente chove.
    Enviso, arrodeame unha eterna noite.
    Xa non terei palabras pra os meus versos.

    Desvelado, pola mañá cedo
    Baixo por un camiño.
    Nos pazos onde se trama o crime
    Ondean bandeiras pingando anilina.
    Hai un aire de pombas mortas.
    Tremo outra vez de medo.
    Señor, isto é o home.
    Todas as portas están pechadas.
    Con ninguen podes trocar teu sorriso.
    Nos arrabais
    bandeiras batidas e esfarrapadas.
    Deixa atrás a vila.
    Ti sabes que todos os dias
    hai un home morto na cuneta
    que ninguén coñece ainda
    Unha muller sobre o cadaver do seu home
    Chora.
    Chove.
    ¡Negra sombra, negra sombra!
    Eu ben sei que hai un misterio na nosa terra,
    Mais alá da neboa,
    Mais alá do mar,
    Mais alá da chuvia,
    Mais alá do bosque.

     

    (TRISCOS
    nai de Galicia)

    Chámate Rosalía:
    non vaias.
    Nin camelias
    nin campás.
    Guinda ise delantal
    de camposanto
    que levache sempre.
    Berra forte, érquete;
    chama ós teus afogados
    e ós teus mortos;
    fálalles duro.
    Na túa pelvis de seixo
    hai un neno de terra.
    Aí estás preñada
    enriba do acantilado
    frente a un mar tenebroso.
    Berra forte, érguete.
    Levanta as maos,
    e abre ises ollos craros e limpos.
    Olla ó ceo
    Deus espera algo de ti.


    " Non convén chorar máis.
    Ela chorou por todos e para sempre.
    Calemos...
    Eu véxote así:
    crespós nas estrelas,
    ollos abertos de nenos mortos cravados nas salas do pazo

    Calemos...
    Nos currunchos acendéronse os altares do silenzo;
    choiva de frores de estameña nos tristes pasadelos.
    Coa túa boca torta chamas a mortos
    e náufragos dende a solaina,
    antre a brétema, en serán infinda.

    Delantal de camposanto e campás antre mar e brétema;
    barco negro e morto no camiño;
    pómulos marelos deformes pola door;
    balcón endexamais aberto cheo de paxaros e follas secas;
    seios exprimidos hasta a derradeira gota de luz;
    maos antre mirto e lúa, debaixo da auga verde do estanque.
    ¿Qué fas na serán que está esmorecendo sempre
    ou na noite que endexamais se rematará ?
    Sin corpo, sin traxe, sin bruído,
    coroa de somas, música de pianos enloitados...
    (Chove sobor das rosas e da escalinata do pazo). "

    ENTERRO DO NENO POBRE
    (de “Sombras do aire na terra”)
    Punteiros de gaita
    acompañabano.
    O pai de negro;
    no mar, unha vela
    branca.

    Os amiguiños levabano.
    Non pesaba nada.
    Abaixo, o mar;
    o camiño no aire
    da mañá.

    Il iba de camisa limpa
    e zoquiñas brancas.
    Os amiguiños levabano.
    Non pesaba nada.
    ENTIERRO DEL NIÑO POBRE
    (de “Sombras do aire na terra”)

    A POESÍA É O GRAN MILAGRE DO MUNDO
    Insinareiche sin berros.
    O poeta é un mestre sin ira.
    Levareite ó meu reino,
    onde te agarda
    a bandeira da espranza.
    Non che amostraréi aquéla
    triste, abatida sobre o mastro,
    solitaria baixo unha chuvia cincenta.
    Estóu arrepentido de pensar
    que o máis brosmo e brután dos homes
    non poida descalzarse
    pra entrar no noso reino.
    (¡A poesía é o gran milagre do mundo!)

    Eu faréi que olles a través das túas maos toscas
    a luz da túa sangre.
    Puliremos a túa frente de seixo
    hasta case facela lúa.
    Non che faréi erguer pesadas pedras,
    nin subir o monte máis alto
    onde cravada está
    a bandeira do meu verso,
    nin soster cos teus hombros as noites.
    Todo esto xa o ten feito o poeta
    por ti, pra ti e máis pra o mundo.
    Eu asegúroche que quedarás enviso
    fitando prás estrelas.
    O xoto palpexar das túas maos
    chegará a conocer as rosas invisibles na noite.
    Sentirás o borboriño da propia sangre
    i o silencio que todos levamos
    cando digas:
    os seos da miña amada…
    Quedarás deslumbrado pola súa luz,
    baixo da sombra verde no bosque.

    (¡A poesía é o gran milagre do mundo!)
    Faremos música do teu vocerío.
    Eiquí estamos coa túa lingoaxe vulgar.
    Nomearás calquera cousa
    –árbol, cabalo, pedra…–
    e veralos nacer coa súa vida máis íntima,
    cos seus contornos máis puros.
    Olla esa formiga,
    ise argueiro mouro…
    ¿Qué delicados dedos de alfareiro
    puideron modelar tan pequechiño corazón,
    que latexa agora baixo dos altos árboles?
    ¿Non te decatas de que se movéu o silencio?
    É esa noitarega
    que nesgóu o bosque:
    doces, xordas plumas,
    abanador da noite.
    Sombra do aire na herba, 1959.

     

    GALICIA
    Carabela de xeada

    Ou, os xordos cordames dun sono
    e os verdes náufragos de pe
    -apoiadas as súas maos nas lívidas tempas,
    cando as furnas se abren
    (as furnas que agardan os tesouros,
    e aqueles que se fixeron
    pra os pes dun morto divino)-

    Pois ningún poeta soubo soster no seo carrelo
    o peso do teu clamor,
    por vez primeira
    son eu o que tanxo ese xordos cordames.

    Carabela xeada,
    pantasma:
    teño os teus tesouros,
    as túas furnas,
    os teus mortos.

    O roncón do Norte,
    o punteiro no doce val
    duha gaita de dura pedra.

    Ou, Galicia, a inmóbil,
    lonxana, envisa,
    soñando diante dun reloxo de pedra
    que un esmacelado move.

    As túas toscas mulleres,
    agardando sempre
    diante dun mar tebregoso.
    E no acantilado dos duros queixelos
    os ollos máis doces berran.

    Cove, chove sobor dos bosques
    de onde o noso misterio vén
    -cabalos brancos portadores de brétema
    nos seus lombos de nacar-
    Cove, chove sobor dos bosques,
    sobor do mar, sobor da herba mol.
    E envólvenos un verde sono.

    Campás invisibles soan,
    e Ela na solaina sempre
    como unha boneca de sombras.
    Bastabales, Compostela...
    Montaña sonora de tallada pedra.

    Eu son o poeta elexido
    pra fustigar, facer fuxir
    os misteriosos cabalos de sombra.

    Pasarán veloces na noite
    polos fondos camiños
    polos rios e as pontes de Roma

    Ou, miña difunta,
    miña morta.
    ¡Ou, miña gran amada!


    OUTONO
    Outono , alto outono:
    destilado licor.
    Ela espida, limpa,
    nun sutuoso cadro,
    (luminoso marfín)

    Quixera ser ámbar
    a folla.
    Se batese o rio
    sonaria a puro ouro.
    Outono, alto outono.

    Nada vibra
    nin se derruba;
    nada hai hostil na terra.
    Almíbar transparente.
    Sero, terso ceo.
    Non percureis agora
    o misterio.


    VERAO
    Os brancos cabalos do estío
    polas portas en sombra
    das nosas murallas entran.
    Nas terras rosas dos meus altares,
    a néboa dos ríos.
    Grito en punta, diamante,
    vencellos negros cortan o ceo terso.
    Dareiche a miña alegre bandeira
    para a torre da miña praza.
    Tépeda prata e ouro fresco
    nos brazos e os ombros.
    A luz e maila sombra
    dos seos tremelantes.
    Sobre o río a tarde descende.
    Naquela orela un misterio.
    ¡Que luz pra un cadro
    antigo!

    INVERNO

    Deixaras caer as túas ricas roupas
    sobre este chao miserento.
    Estamos na máis humilde casa.
    Pola única ventá
    contemplamos os farrapos
    deste día ditoso.
    A chuvia bórranos
    -pra delicia nosa-
    os brancos, os luminosos
    cabalos de estío.
    Non queiras pensar
    que sobre este ceo de mendigo
    existe unha xoia brillante.
    Estamos rodeados
    dunha natureza miserenta.
    Esta paisaxe
    xa a presentimos alguha vez.
    Viñemos aquí
    por un raro pracer.
    E unha extraña dita
    rodéanos agora.
    Este é o inverno,
    pra nós sós.
    A porta esta pechada.
    A casa esta envolta
    por unha chuvia en silencio.
    Soamente duha solitaria árbore
    tirouse un paxaro,
    como unha bola de sombra,
    sobre a tarde farrapenta.
    Nestes recantos pobres
    desta mísera estacia
    brillarán as túas ricas roupas.
    ¡Aluma este mísero
    e gozoso día
    cos teus seos.
    coas túas coxas pulidas
    por unha soedade ditosa!

    MARZO
    Floretes loitan
    nas encrucilladas,
    axiles, rapidos,
    logo rotos sobre as predras de rúa.
    Sombras nos tellados,
    negras, verdes, pesadas.
    Eápido un anaco azul
    quedase nunha pozaca.
    As cornixas non teñen anxos,
    a vila non é paisaxe;
    as torres, quedas, presencian a loita
    do vento nas rúas.


    PAISAXE SEN HISTORIA
    Era un aire novo,
    virxe de pulmón.
    Un novo mar,
    virxe de náufragos.
    Rosas sen estrear.
    Vento sen ás
    Luz sen prumas.
    Camiño sen rodeiras.
    A morte aínda non nacera.
    Espello sen lembranzas.
    ¡Que trestura máis fonda en tódalas cousas!
    ¿Cando chegara a mao do home?


    O MEU REFUXIO

    ¡Cantas veces tremei de medo,
    pensando que se poden pechar as portas do meu refuxio!

    Nin somente cabe un esmoleiro.

    Alí chego coa a miña pobre carga
    de refugallos, de lixumes...
    que todolos ún recolle.

    Pasa o tempo
    E aquel montón escuro e triste
    -ou, milagre, Señor-
    convértese nun tesouro
    brillante, de pedras preciosas.

    Cántas grazas teño aínda que che dar.
    A miña poesía, o meu reino, o meu refuxio...

    E outra vez tremeando de medo
    pensando que as portas pódense pechar.

    de TRISCOS
    ¿----------------?

    ¡Pobres botas de náufrago!
    Humildes solas rotas
    de pé no chao do templo.
    Á beira un sombreiro pintoresco
    e un xunquiño inquedo,
    a cabeza delongada,
    o sorriso amargo.
    ¿Que fuxiu do seu traxe grotesco?
    Silencio...
    ¡Non vos riades rapaces!
    Ollade: é Charlot que esta rezando.

    CANCIÓN PRA QUE UN NENO NON DURMA
    Ao meu gran amigo Piñeiro

    Non durmas
    meu neno pequeno...
    Bule, berra, chora.
    Teu pai está fora.
    Racha cos pés
    esta sábana
    de medo.
    Non peches os ollos
    neno pequeno.
    O vento zoa,
    non peches os ollos.
    A morte
    roida por fora.
    Vexo o río mouro
    e unha folla morta.
    Bule, berra, chora.
    Teu pai esta fora.

    ECO
    Crara vos de espello,
    sen sangue nen roupa
    con teus seos frios, coma o mirto,
    mitade luz, mitade soma.
    Nos teus cadrís duros
    a luz fría
    de un marfil vivo traes.
    Do fondal do misterio do bosque
    saís espida,
    cas maos baleiras,
    sen alento nen ar.
    Circia como un lago morto
    Crara vos entre follas.

     

Concello, Comarca ou Provincia