O Valadouro

Monte do Cadramón ou Alto do Cadramón

 

Galipedia

O Cadramón é o monte máis alto da serra do Xistral, e tamén da zona norte de Galicia. Ten 1056 m e está situado no municipio do Valadouro. Desde a súa cima pódese desfrutar das vistas de toda a Mariña e mesmo, en días claros, pódese ver a costa.

A serra do Xistral pertence á rede Natura 2000 e está declarada Espazo Natural Protexido e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC). Forma parte do macizo que separa a Terra Chá do Mar Cantábrico. É lugar de nacemento de varios ríos, entre os que están o Eume Landro, Masma, Sor e Ouro.

As zonas máis altas, envoltas en néboa e con frecuencia en neve, están cubertas de turbeiras e, agora, tamén de eólicos.

 

O Cadramón nevado

Concello, Comarca ou Provincia

Concello O Valadouro

O Valadouro

O Valadouro é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central.

Casa do Concello

Feira Nova, 1. 27770 Ferreira (Lugo) Teléfono 982-574000 / Fax 982-574303 correo-e concello.ovaladouro@eidolocal.es, info@valadouro.org

Datos 2019

Alcalde Maseda Maseda, Edmundo (PSOE)

2019 Censo: 2004 Superficie (km2) 110.5 Entidades de poboación 183

Galipedia

Web do concello

Concello, Comarca ou Provincia

Río Ouro

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

O río Ouro nace na vertente oriental da Serra do Xistral no concello de Alfoz ten un percorrido de 20 km e transcorre polo Val do Ouro entre os concellos de Valadouro e Alfoz para desembocar en A Pampillosa en Fazouro (Foz). Ten a consideración de lugar de importancia comunitaria (LIC). Ver mais.

A orixe do topónimo de Fazouro, onde se atopa a desembocadura, procedería de "Foz Ouro", indicando a súa situación na desembocadura do río Ouro, río documentado na Idade Media como Aurio, cuxo orixe toponímico, estudado por Bascuas e outros autores, sería prerromana e estaría na raíz hidronímica paleoeuropea “awer- fluír”. Non créndose probable a interpretación doutros autores, que relacionaron este topónimo co latín aureum, "de ouro", "dourado".

 

Concello, Comarca ou Provincia

Igrexa Parroquial de Santo Estevo de Moucide

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

Parroquia: Moucide (Santo Estevo). Lugar: A Igrexa. 27779 O Valadouro (Lugo)

 A igrexa de Santo Estevo de Moucide ten un retablo maior barroco, no que está presente unha Santa Lucía datada no século XIV. O retablo dereito e a cruz procesional son do século XVI.

Concello, Comarca ou Provincia