Muíño de auga

Muíños do Picón e do Folón

Moinhos do Folón

Os Moinhos do Folón e do Picón são um grupo de 67 moinhos dispostos em cascata, declarados Bem de Interesse Cultural pela Junta da Galiza

Galego 

Galipedia

36778 O Rosal (Pontevedra)

En 1998 o conxunto histórico etnográfico dos Muíños de Folón e de Picón foi declarado ben de interese cultural pola Xunta de Galicia.

Os muíños construíronse nos séculos XVII-XVIII polos veciños de Martín e Picón –na xurisdición histórica de Fornelos, agora parte do concello de O Rosal– para aproveitar a forza da caída da auga do río Folón, un afluente do Miño.

 

 En concellodorosal.es

“Estas construcións, situadas dentro deste municipio de fermoso e fragante nome, asíntanse nunhas ladeiras que serven de magnífico miradoiro sobre O Rosal.
Os muíños destacan pola impoñente marabilla de enxeñería tradicional que mostran, así como polo seu aparentemente fráxil equilibrio sobre as costas onde se atopan. Ademais a súa contorna, coidada con esmero, permite ver multitude de especies vexetais especialmente favorecidas pola bonanza do microclima da zona.
Na procura dos antigos sons das “moas” e dos “rodicios”, os camiñantes poderán conseguir, desde as alturas, unhas magníficas vistas de singular beleza sobre o monte Santa Tegra e sobre o Miño.”

 

 

Concello, Comarca ou Provincia

Muíño de Batán

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

15622 Cabanas (A Coruña)

Batán, segundo a RAG, é Aparello de madeira, construído xeralmente nun curso de auga, que consta duns mazos que ao se moveren alternativamente pola acción da auga, van batendo os tecidos fabricados nos teares para desengraxalos e que entupan. Oían o forte ruído do batán. SINÓNIMO folón

O lugar chámase o camiño do Batán. Pero os muíños son muíños de auga para o gran. Ton contounos que hai tempo había 38 muíños na corrente do mesmo pequeno río. Activo só queda o seu e é de moer gran, como veremos no vídeo.

Ton (tfno 629061209) segue moendo gran e vendendo a fariña. Moitos van ver como funciona e moitos outros mercan a fariña. Anímate. Soster vivo este muíño é tamen facer país.

Algún dos outros 37 muíños (poñeremos outro deles aquí) era de batán. Hoxe parece que non existe.

 

Concello, Comarca ou Provincia