Monforte de Lemos

Museo de Nosa Señora da Antiga

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

O Colexio de Nosa Señora da Antiga é tamén coñecido como o Colexio do Cardeal (polo seu construtor) ou Colexio da Compañía (polos seus rexedores) e alcumado popularmente como o "Escorial Galego" pola magnitude do edificio. Foi construído entre finais do século XVI e principios do XVII, baixo o patrocinio do Cardeal Rodrigo de Castro para que, rexentado pola Compañía de Xesús, servira para a educación da bisbarra e de toda Galicia. Dende o ano 1873 o colexio é dirixido polos Pais Escolapios.

Museo de Nosa Señora de Antiga (Museos de Galicia)

A antiga sancristía da igrexa, de 1699, alberga o museo. Ten obras de incalculable valor, tanto pictóricas -como dúas pinturas do Greco e 5 táboas de Andrea do Sarto-,  como manuscritos, entre eles unha copia incompleta do Libro de la caza de aves, tratado de cetrería escrito por Pedro López de Ayala, ademais de obxectos persoais do cardeal.

Nosa Señora da Antiga

Colexio de Nosa Señora da Antiga (Galipedia)

Campo da Compañía, nº 50 27400 Monforte de Lemos (Lugo)

Edificio

Museo

Escaleira

Igrexa

Claustro

Concello, Comarca ou Provincia