Ruínas da base americana de LORAN
https://gl.wikipedia.org/wiki/Estaca_de_Bares
Instalación dos Gardacostas dos Estados Unidos ao comezo dos anos 60, como unha base LORAN (do inglés: Long Range Aid to Navigation). A estación de Estaca de Bares operaba conxuntamente coas estacións do Goberno británico en East Blockhouse, Gales e, ata 1973, do Goberno francés en Porspoder, Francia.
En 1978, tras a finalización das operacións LORAN dos gardacostas, a Forza Aérea dos Estados Unidos asumiu o control da base. A base funcionou como unha estación de comunicacións ata 1991. Na actualidade, estas instalacións están en ruínas.[7]
O sistema LORAN (LOng RAnge Navigation) é un sistema electrónico de navegación de longo alcance por radio que utiliza o intervalo entre a recepción do sinal transmitido desde tres ou máis puntos para determinar unha posición. Foi desenvolvido durante a segunda guerra mundial, como axuda á navegación da aviación aliada e dos convois do Atlántico Norte.