Monumento deseñado por Ramón Conde que representa a un home, a piques de embarcar, coa súa familia a uns metros del, despedíndose. A obra representa un feito dramático na historia de Galicia, a emigración. O conxunto escultórico, realizado en bronce, foi inaugurado en 2011.
A ubicación deste monumento non é casual xa que este era o punto desde o que partiron moitos galegos rumbo a América a mediados do s. XIX . As necesidades da época obrigaron a moitas familias a separarse e emigrar en busca de novas oportunidades.
Segundo as palabras do propio autor a obra “reflexa ao emigrante cargado de ansia e de forza que vai á loita descoñecida, á muller que se queda ao cargo da educación do fillo e ao neno que é a imaxe da esperanza”.
Curiosamente, o conxunto escultórico recibe hoxe en día a miles de cruceristas que desembarcan no Porto de Vigo para visitar a cidade, moitos deles son descendentes daqueles que partiron anos atrás para “facer as américas”.
Concello, Comarca ou Provincia