Literatura
Fundación Uxío Novoneyra
O motivo da visita foi a presentación do libro Lingua, poder e adolescencia, de Miguel Rodríguez Carnota (crónicas Xerais, lingua). Un resumo dunha tese súa sobre este mesmo motivo, pero revisada para o público xeral. Cunha ofrenda floral de Alicia a Uxío Novoneyra e a firma de exemplares por parte de Miguel.
Escultura de Manuel María
Capela de San Lázaro e Mural de Xela Arias
No Camiño de Santiago
O Mural de Xela Arias, poetisa galega de Sarria e á que se homenaxeou no Día das Letras Galegas 2021. E, con ese motivo fíxose este mural a carón da Capela, xusto na rúa Xela Arias.
Monumento a Paco Martín
O Monumento a Paco Martín está desleixado, abandoado, e pretende ser unha pedra Rosseta para que no futuro se saiba como era o galego...
Imposible de descifrar. No mapa non saben nin que existe.
Pero sabemos que quere dicir e o dicimos:
"Eiquí, onde é o Lugo noso, onde nacín e onde aínda nazo algo cada día, soubémonos sempre viaxeiros ás portas dun vello camiño fadado, dun vieiro antigo que foi, se cadra demasiadas veces, camiño de ida, camiño de marchar lonxe sen a certeza dun retorno desexado.
Por ese sendeiro andei eu a carretar todos estes anos o espello cativo da miña escrita coa pretensión de volverlles algo do que sempre fora de seu a aqueles que eiquí quixeron concederme o don prodixioso da fala nosa."
Grazas, Paco
Casa museo natal de Eduardo Pondal
Casa Museo Emilia Pardo Bazán
O museo está situado na antiga residencia na Coruña da familia Pardo Bazán, que tamén é a sede actual da Real Academia Galega. Así o decidiu a derradeira das descendentes da escritora, a súa filla Blanca Quiroga, asinando un texto de doazón que fala de enaltecer e perpetuar a memoria da eximia polígrafa e escritora galega.
Casa museo de Emilia Pardo Bazán (Galipedia)
Casa museo de Emilia Pardo Bazán (Museos de Galicia)
Tabernas, nº 11 15001 A Coruña (A Coruña)