Astronomía

Pazo Museo Otero Pedraio

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

 

O Pazo Museo de Otero Pedrayo está situado no lugar de Cimadevila, na parroquia de Trasalba do Concello de Amoeiro, Ourense. Neste lugar a Fundación Otero Pedrayo garda a memoria do que foi patriarca das Letras Galegas.

Mostra obxectos persoais de Ramón Otero Pedrayo e a súa biblioteca particular. O propio pazo, propiedade da súa familia e residencia de Otero Pedrayo nos últimos anos e ata a súa morte, reconstrúe a estrutura tradicional dun pazo galego de principios do século XX e conserva as dependencias nas que vivira (o despacho, a biblioteca, o dormitorio).

Cima de Vila, nº 69 32172 Amoeiro (Ourense)

Fundación Cultural Otero Pedrayo (Museos de Galicia)

Ramón Otero Pedrayo (Galipedia)

Web Fundación Otero Pedrayo

 

 

  • A Arqueoastronomía tiña unha pwquena exposición ao lado do Pazo
Concello, Comarca ou Provincia

Eclipse na muralla

Era o día 21-07-2012,  a data do último eclipse total de Sol en Lugo. As imaxes que poño amosan como, sen filtro, non se ve o efecto do eclipse no Sol. Pero se un mira aos tellados de lousa das casas, pode observar algo extraño: o ambiente é lóbrego, escuro, pero as lousas brillan e as sombras son duras, non hai luz difusa que as suavice. Por exemplo, a muralla vese totalmente negra, non lle chega luz difusa. Desde logo tirei as fotos sen mirar ao Sol, so supoñendo onde estaba colocado para non danar os ollos. 2012-07-21DSC_0001.JPG 2012-07-21DSC_0002.JPG 2012-07-21DSC_0003.JPG 2012-07-21DSC_0004.JPG 2012-07-21DSC_0005.JPG 2012-07-21DSC_0006.JPG 2012-07-21DSC_0007.JPG 2012-07-21DSC_0008.JPG 2012-07-21DSC_0009.JPG 2012-07-21DSC_0010.JPG 2012-07-21DSC_0011.JPG 2012-07-21DSC_0012.JPG 2012-07-21DSC_0013.JPG    Semella unha paisaxe nevada. 2012-07-21DSC_0014.JPG 2012-07-21DSC_0015.JPG 2012-07-21DSC_0016.JPG 2012-07-21DSC_0017.JPG 2012-07-21DSC_0018.JPG 2012-07-21DSC_0019.JPG 2012-07-21DSC_0023.JPG
Concello, Comarca ou Provincia