Castrexo

Castro de Candaz

Castro de Candaz

Castro de Candaz2

Galipedia

Castro Candaz

O Castro Candaz son os restos dun poboado castrexo e fortaleza medieval, situados entre as desembocaduras do río da Lama e o río Enviande no río Miño, na parroquia de Pedrafita (Chantada). Actualmente está asolagado polas augas do encoro de Belesar.

O castro está situado nun promontorio rodeado por auga por todas partes agás polo oeste, con tres chairas como defensa natural. Ao gran patio central accédese por unha rampla, e tras el accédese ao antigo castelo, cunha plataforma circular na zona superior, rodeada de murallas circulares concéntricas, unha delas de 2,10 m de alto. Consérvanse os cimentos da torre, se ben varias dependencias da zona oriental están derrubadas. A comezos do século XX conservábanse dúas paredes do antigo castelo, que formaban un ángulo recto cun ancho de 1,88 m e 5 m de longo.

Os muros, murallas e estancias están construídos con xistos, se ben hai pezas de granito reutilizadas, como algún lintel en fiestras ou bases de portas.

http://www.concellodechantada.org/concello_historia6.htm

http://patrimoniogalego.net/index.php/13273/2012/01/castro-candaz/

Concello, Comarca ou Provincia

Wikipedia

Onde está localizado

Latitude: 42.6597186347
Lonxitude: -7.73648053408

Concello, Comarca ou Provincia