Símbolo

Colexiata do Sar

 

A Colexiata de Santa María de Sar é un antigo convento de cóengos regulares de Santo Agustín. Foi fundado por Diego Xelmírez en 1136 como concesión aos cóengos que se retirasen baixo a regra de San Agustín conservando os seus privilexios na catedral. No ano 1548 secularizouse e converteuse en colexiata. Hoxe é unha parroquia dependente da Diocese de Santiago. Da época medieval consérvase a igrexa e o lateral norte do claustro. A igrexa é un importante exemplo de arquitectura románica compostelá, de planta basilical con tres naves, sendo a central máis ancha cas laterais.

Museo da Colexiata do Sar (Museos de Galicia)

Museo de Arte Sacra de Santa María a Real de Sar

Colección de pezas arquitectónicas extraídas do antigo claustro, do século XIII, hoxe desaparecido na súa maior parte, e diversas esculturas relixiosas. Tamén mostra obxectos e ornamentos litúrxicos que amosan a vida desta comunidade ó longo dos séculos XVII ó XIX (como cruces procesionais ou cálices) e, noutra sala, unha ampla colección de traxes tradicionais galegos.

Colexiata de Santa María do Sar (Galipedia)

Sar (Santa María) 

Colexiata de Santa María a Real de Sar

Galería de imaxes da colexiata do Sar

 
Concello, Comarca ou Provincia

Museo do Pobo Galego

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

San Domingos de Bonaval, nº s/n 15703 Santiago de Compostela (A Coruña)

    www.museodopobo.gal
    Mosteiro de San Domingos de Bonaval
    15703 Santiago de Compostela
    Tlf. 981583620 Fax 981554840
    info@museodopobo.gal

Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela)

Museo antropolóxico galego por excelencia, contén unha completa mostra da nosa vida e cultura tradicionais como comunidade diferenciada. Distribúe os seus fondos en 7 salas: o mar, o campo, os oficios, a música, o traxe, as artes suntuarias e o hábitat e arquitectura, e dúas seccións, de arqueoloxía e pintura e escultura. Posúe ademais unha ampla biblioteca (na que conserva os fondos de fondos de Xaquín Lorenzo, Xesús Taboada Chivite, Antón Fraguas, Fermín Bouza-Brey e outros) e arquivo gráfico

 

O museo sitúase no edificio do antigo convento de San Domingos de Bonaval (s. XVII-XVIII). As primeiras salas abriron no ano 1977; dende entón o museo, con gran base social en Galicia, rehabilitou todo o recinto conventual e incrementou os seus fondos, algo que lle permitiu ampliar os seus espazos expositivos e mostrar as diversas manifestacións da cultura galega.

O Museo do Pobo Galego é un museo de carácter antropolóxico, pero tamén acolle salas de pintura, escultura e arte sacra. As principais coleccións están en relación coa cultura popular, gardando valiosos fondos referentes ao mundo mariñeiro e agrario. Outras seccións son as de hábitat, arquitectura, oficios e imprenta, xunto aos espazos dedicados á sociedade. Igualmente posúe unha excelente colección do traxe e encaixe tradicionais, así como de instrumentos musicais. O percorrido polo museo permite apreciar as coleccións e os obxectos en relación a súa utilización orixinal. 

Museo antropolóxico galego por excelencia, contén unha completa mostra da nosa vida e cultura tradicionais como comunidade diferenciada. Distribúe os seus fondos en 7 salas: o mar, o campo, os oficios, a música, o traxe, as artes suntuarias e o hábitat e arquitectura, e dúas seccións, de arqueoloxía e pintura e escultura. Posúe ademais unha ampla biblioteca (na que conserva os fondos de fondos de Xaquín Lorenzo, Xesús Taboada Chivite, Antón Fraguas, Fermín Bouza-Brey e outros) e arquivo gráfico e sonoro de Galicia. Edita numerosas publicacións de carácter etnográfico.

museos.xunta.gal

Domingo de Andrade

Concello, Comarca ou Provincia