TEXTO E EDICIÓN: FRAN RUíZ / ALEJANDRO RUBIO
Presentamos dúas fotos moi antigas da torre de Doncos, que a duras penas se érgue maxestuosa sobre un cerro rodeado polo Río Navia que lle serve de foso. Aínda que as súas orixes son desconocidas, o adelantado maior do reino de Galicia, García Rodríguez de Valcarce, impuxo o seu señorio dende a Torre de Doncos, no século XIV, pasando a mans dos seus descendentes ata que finalmente, en 1603 non quedan máis que unha torre abandoada a mesma torre de forma cadrada que chegou os nosos tempos. Do que foi a primitiva fortaleza só queda a esbelta torre construída a base de mampostería de calizas pezas de granito nos ventanais e algunhas saeteras. A mediados do século pasado conservaba practicamente todo o almacenaxe, pero os repetidos movementos sísmicos dos anos 90 e o abandono institucional permanente levaron a torre a unha situación lamentable de tal maneira que, se non se pon remedio, terminará derrúbandose. Nas imaxes podemos observar a chamada Torre de San Agostiño ou Torre da Grupa, ao paso da N-VI a altura do km 444.

FOTO: RUTH MATILDA ANDERSON. A Torre de Doncos en 1925; os prados estaban sembrados e na paisaxe apenas se ve bosque. Pola ladeira da dereita vese a N-VI.

FOTO: CEDIDA VECIÑOS DE DONCOS. Este plano é algo máis cercano; apréciase o río Navia que baixa enchoupado hacia As Nogais; a N-VI non se avista.