A Fonsagrada (Lugo)
Alto de Montouto: capela, hospital, monumento megalítico e aeroxeradoresEn Montouto (1050 m) están as ruínas do Hospital de peregrinos Santiago de Montouto, fundado por Pedro I O Cruel no 1360. Foi o máis importante hospital de alta montaña de Galicia. Reconstruído en 1698, a comezos do século XX aínda estaba en funcionamento, e na súa capela había unha romaría anual ao Señor Santiago. A serra na que se asenta denomínase Serra do Hospital. Ao seu carón podemos ver o Dolmen neolítico Pedras Dereitas.
No mapa
Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía








