Renovado Museo Iconográfico de Arte Sacra no que a colección exposta, propiedade da Fundación Aser Seara, está formada por máis dun centenar de obras relixiosas de temática mariana, cristolóxica e haxiográfica. O percorrido polas diferentes salas e plantas do centro ofrecen unha visión xeral da iconografía sagrada datada entre os séculos XIII e XX, principalmente a través de esculturas, relevos, pinturas e ourivaría.
Museo Iconográfico de Arte Sacra de Allariz (Museos de Galicia)
Museo de arte relixiosa, con notables pezas de marfil, entre as que destaca unha Virxe Abrideira de finais do século XII (doazón de Dona Violante, fundadora do convento e dona de Afonso X o Sabio); e de prata, entre as que destaca unha Cruz de cristal de rocha gótica.
Real Mosteiro de Santa Clara. Campo da Feira, nº 14 32660 Allariz (Ourense)