nº s/n 15613 A Capela (A Coruña)
Museo Etnográfico da Capela (A Capela)
Colección de diverso material etnográfico reunido polo Colexio Público Mosteiro de Caaveiro e agora trasladada á antiga Casa Reitoral da parroquia. Está formada por apeiros de labranza, trebellos utilizados nos distintos oficios, o forno do pan, enxoval da cociña, xoguetes, teares etc. distribuídos nas habitacións da casa tradicional. O Museo comprende tamén o Parque Etnográfico do Sesín (con muíños de auga, elaboración de carbón vexetal ou colleita de castañas), unha ferrería hidráulica O Machuco (en restauración) e un Museo da Escola (en proxecto).
No mapa
Museo Etnográfico A Capela
Museo Etnográfico A Capela
Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía