Porto de Burela

A costa galega posúe unha extensión aproximada de 1.720 km, dos cales uns 800 km son de cantís e 300 km de praias; ao longo de toda ela distribúense 128 portos.
O porto de Burela, que chegou a ser o segundo porto pesqueiro do cantábrico, despois do de Bermeo, iniciouse na Idade Media e ata o século XVIII como porto baleeiro. No s. XX aséntanse as bases do porto actual, que foi construído en varias fases. De feito o segundo martelo realizouse no 2020.
A flota pesqueira diminuíu considerablemente. A principios do 2019 constaba de 77 embarcacións, das cales 5 faenan no caladoiro internacional, 20 no comunitario e 52 no nacional. As especies que predominan son a pescada e o bonito.
O dique de abrigo ten máis de 1100 m e ten encostado un dos peiraos, o outro está en paralelo, “mar por medio”. Ademais da actividade pesqueira tamén se dedica á actividade comercial, especialmente carga de madeira e á construción e mantemento de embarcacións, no estaleiro e varadoiro.

 

No mapa

Porto de Burela

Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía