Santo Estevo de Atán
27419 Pantón (Lugo)
Mosteiro de Santo Estevo de Atán.
sanestevodeatan panton (1).JPG27419 Pantón (Lugo)
Mosteiro de Santo Estevo de Atán.
sanestevodeatan panton (1).JPG15809 Vedra (A Coruña)
Pazo de Ortigueira (Patrimonio)
San Domingos de Bonaval, nº s/n 15703 Santiago de Compostela (A Coruña)
www.museodopobo.gal
Mosteiro de San Domingos de Bonaval
15703 Santiago de Compostela
Tlf. 981583620 Fax 981554840
info@museodopobo.gal
Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela)
Museo antropolóxico galego por excelencia, contén unha completa mostra da nosa vida e cultura tradicionais como comunidade diferenciada. Distribúe os seus fondos en 7 salas: o mar, o campo, os oficios, a música, o traxe, as artes suntuarias e o hábitat e arquitectura, e dúas seccións, de arqueoloxía e pintura e escultura. Posúe ademais unha ampla biblioteca (na que conserva os fondos de fondos de Xaquín Lorenzo, Xesús Taboada Chivite, Antón Fraguas, Fermín Bouza-Brey e outros) e arquivo gráfico
O museo sitúase no edificio do antigo convento de San Domingos de Bonaval (s. XVII-XVIII). As primeiras salas abriron no ano 1977; dende entón o museo, con gran base social en Galicia, rehabilitou todo o recinto conventual e incrementou os seus fondos, algo que lle permitiu ampliar os seus espazos expositivos e mostrar as diversas manifestacións da cultura galega.
O Museo do Pobo Galego é un museo de carácter antropolóxico, pero tamén acolle salas de pintura, escultura e arte sacra. As principais coleccións están en relación coa cultura popular, gardando valiosos fondos referentes ao mundo mariñeiro e agrario. Outras seccións son as de hábitat, arquitectura, oficios e imprenta, xunto aos espazos dedicados á sociedade. Igualmente posúe unha excelente colección do traxe e encaixe tradicionais, así como de instrumentos musicais. O percorrido polo museo permite apreciar as coleccións e os obxectos en relación a súa utilización orixinal.
Museo antropolóxico galego por excelencia, contén unha completa mostra da nosa vida e cultura tradicionais como comunidade diferenciada. Distribúe os seus fondos en 7 salas: o mar, o campo, os oficios, a música, o traxe, as artes suntuarias e o hábitat e arquitectura, e dúas seccións, de arqueoloxía e pintura e escultura. Posúe ademais unha ampla biblioteca (na que conserva os fondos de fondos de Xaquín Lorenzo, Xesús Taboada Chivite, Antón Fraguas, Fermín Bouza-Brey e outros) e arquivo gráfico e sonoro de Galicia. Edita numerosas publicacións de carácter etnográfico.
27555 Taboada (Lugo)
Igrexa de Santa María de Taboada dos Freires
Igrexa construída en 1190. A orde dos templarios encargaría a construción da igrexa ao mestre Paio e nunha concordia de 1244 aínda aparece mencionada como propiedade da orde. Na base do tímpano áchase a datación do templo, "ERA M CC XX VIII", correspondente ao ano 1190.
Na parte superior, en texto arqueado ao redor da escena, figura PELAGIUS : MAGISTER FEQ(u)I : JOHAN(n)NE NOTUIT, que sinala a Paio como Mestre e a Juan que realizou a inscrición. Na parte inferior hai dúas liñas, comezado a ler pola última e partindo da dereita, tradúcese por No nome de Noso Señor Xesucristo. En honor de Santa María... O ... consagraron os monxes este templo
As figuras do tímpano representan a Sansón dominando ao león e tamén a cruz templaria, cruz con escudo, que representa os dous oficios da orde, o relixioso e o militar; ao igual que a cruz de Santiago representa nun só símbolo a cruz e a espada.
Sobre o piñón da nova cabeceira foi recolocada a cruz antefixa que foi trasladada e non está na posición correcta
15188 Cerceda (A Coruña)
15121 Vimianzo (A Coruña)
Igrexa de Santiago de Cereixo(Patrimonio)
15887 Frades (A Coruña)
Igrexa de Gafoi (Patrimonio)
36588 A Estrada (Pontevedra)
15312 Sobrado (A Coruña)