Igrexa de San Estevo de Irís
15321 Cabanas (A Coruña)
15321 Cabanas (A Coruña)
15867 Cabanas (A Coruña)
O hórreo que hai fotografado en turismo non existe como tal. Fernando Bouza cóntanos que hoxe xa non teñen utilidade. Así que ao lado dunhas casas boas, conservadas e repintadas de Balvís o hórreo está desfeito e baixo unha capa de vexetación polo que nas fotos terás que adiviñar que alí, debaixo, algunha vez houbo un hórreo.
Fernando falaba da presión dos eucaliptos, da presión dos funcionarios que veñen cada ano para ver se cortaron este ou aquel bidueiro, da despoboación, da non atención á velutina, de que hoxe todo é unha desfeita, que non se sabe a onde imos...
Como exemplo, na entrada de Iris hai un parque Infantil. E en Iris e Balvís hai nenos?... Se lle amañasen a estrada de un metro de ancho que teñen, que fixeron os veciños hai 40 anos (e non queren).... As paisaxes marabillosas do río Eume tamén se vén en Balvís.
15687 Cabanas (A Coruña)
Fernando Bouza cóntanos que Albarizas existian hai anos en Balvís. Agora non hai ningunha. Agora hai velutinas que impiden coller as cereixas, as froitas e incluso a traballar no campo. Chamou varias veces para que llo solucionaran e ninguén está ao outro lado.
Éche o que hai....
Non aconsellamos, polo tanto, ir a visitar a alvariza que non existe... Pero podedes ver as extraordinarias vistas de Balvís...